Site icon Crónica3.com A Mariña

A selección galega infantil feminina de baloncesto concentrase en San Ciprián

CERVO .- As integrantes da selección galega infantil feminina de baloncesto concentrase dende o sábado en San Ciprián, Cervo, onde permanecerán hasta o luns. Esta concentración é a novena das seleccións galegas e a última previa ó Campionato de España.

Nota de Prensa

A SELECCIÓN GALEGA INFANTIL FEMININA DE BALONCESTO CONCENTRASE EN CERVO DENDE MAÑÁ

Cervo, 25 de decembro de 2009.- As integrantes do combinado galego de baloncesto en categoría infantil feminina estarán concentradas na localidade cervense de San Ciprián  a partir de mañá sábado 26 de decembro e ata o luns, día 28.

A Concentración enmarcase nun Proxecto da Delegación Lucense de Baloncesto para concentrar na provincia tódalas Seleccións Galegas que disputarán o Campionato de España do 4 ó 10 de xaneiro en Zaragoza. Neste caso é posible facela en San Ciprián gracias á gran colaboración por parte do Concello de Cervo que desde un primeiro momento se mostrou interesado na iniciativa.

En concreto esta concentración é a novena das Seleccións Galegas e a última previa ó Campionato de España. O equipo que dirixe Armando Otero realizará cinco sesións de adestramento, ás 11 horas en horario de mañá e ás 17 horas pola tarde. O domingo ás 17 horas xogará un encontro amigable contra xogadoras da Mariña, das escolas de Burela, Foz e San Ciprián. Este encontro será o último preparatorio da Selección e servira para ultimar a preparación de cara ao Campionato de España.

Así mesmo, aproveitando a ocasión, o domingo, tralo partido entre as seleccionadas galegas e o combinado mariñao, terá lugar un adestramento aberto dirixido polos técnicos da Selección para os xogadores e xogadoras das Escolas Municipais de San Ciprián e outras zonas da Mariña. Tamén poderán acudir adestradores e monitores que desexen compartir impresións cos Seleccionadores alí presentes.

A presentación desta concentración do seleccionado galego infantil feminino de baloncesto tivo lugar o pasado luns. No acto estiveron presentes Patricia Rico, delegada da FGB en Lugo, xunto ao alcalde de Cervo, Alfonso Villares; o concelleiro de deportes, Rubén Fernandez; a coordinadora das escolas deportivas de Cervo, Esther Gomez; e Óscar Engroba, Director Deportivo da Delegación de Baloncesto.

Dende a concellería de Deportes de Cervo valorase moi positivamente esta iniciativa levada a cabo conxuntamente coa Federación Galega de Baloncesto “porque será unha boa oportunidade para que os nosos deportistas máis novos teñan a posibilidade de presenciar o nivel das mellores xogadoras de Galicia, e así mesmo posibilitará que os técnicos da Federación podan ter unha imaxe do baloncesto que se está a practicar na nosa comarca” salientou Rubén Fernández, concelleiro de Deportes de Cervo.

Exit mobile version