Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividades de Nadal en Cervo

Na Noitevella, o Concello de Cervo organiza o tradicional baile de Aninovo, para todos os veciños na discoteca Pasos. Entrada de balde. O día 2 de xaneiro en Cervo, o mago Cayetano Lledó presenta o espectáculo de maxia e comedia “Máxico Circus Cabaret, o Cabaret dos Números Descartados” no que o presentador e patrón dun circo no que xa non traballa ninguén, vese na obriga de facerse pasar por artistas diferentes para non ter que pechar o seu negocio.

Exit mobile version