Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela destina preto de 25.000 euros para a compaña de Nadal, con premios, música e iluminación

BURELA (FNC) .- Este nadal consuma en confianza, éste é o lema da campaña de nadal deste 2009 programada desde o Concello de Burela a través da súa Delegación de Industria, Comercio e Turismo. En total destínanse a premios 4.500 euros.

O edil José González Legazpi sinalou que “un máis desde esta Delegación de Comercio asumimos custes e organización desta campaña de nadal conscentes de que o comercio de Burela representa un sector importante da nosa economía e que ten moito que ofrecer, proximidade e confianza para mercar con garantías”.

A campaña destina a premios 4.500 euros. Segundo explica o delegado de Comercio, “teremos un primeiro premio composto de 3 vales de compra por importe de 1.000 euros cada un, que poderán levar os veciños de Burela que compren no noso comercio; logo teremos o concurso-maratón de fotografía dos escaparates, o autor da fotografía gañadora recibirá 1.000 euros e un terceiro premio destiñado ao comercio que presente o mellor escaparate dotado con 500 euros”.

Dende mañá venres 4 de decembro e ata o 5 de xaneiro entregaranse vales polas compras realizadas no comercio de Burela, e o día 15 de xaneiro realizarase o sorteo no Concello, entre todos os resgardos dos vales que foron entregados polos propios comerciantes. Os gañadores co vale de 1.000 euros poderán gastalos nos comercios de Burela desde o día seguinte (16 de xaneiro) ata o 28 de febreiro. Non se poderán mercar más de 500 euros nun só establecemento. Por outra banda, as persoas interesadas en participar no maratón fotográfico deberán inscribirse persoalmente ou por teléfono no Concello (982 58 60 00) o una Axencia de Desenvolvemento Local (982 58 10 93) antes do 21 de decembro. Un xurado formado por persoas especialistas na materia escollerá a fotografía gañadora o 15 de xaneiro.

González Legazpi manifestou que “se pretende con esta campaña que teña unha repercusión ampla e que o máis favorecido sexa o comercio. A campaña chegará tamén a todos os medios de comunicación, prensa, radio e televisión, haberá música na rúa e iluminación navideña. Supón unha forte aposta económica por parte da Delegación de Comercio e agardamos que traiga a Burela movemento positivo e fructífero no senso socioeconómico e que supoña un impulso importante para un sector dinámico e necesario como é o comercio local do concello de Burela”.

O custe total da campaña aproxímase aos 25.000 euros, segundo os datos facilitados hoxe polo concelleiro de Comercio, que anunciou que a iluminación da nadal será encendida a vindeira semana.

Exit mobile version