Site icon Crónica3.com A Mariña

Celebrouse en Lugo o primeiro concerto do ciclo que a Deputación adica “A Música de Xoán Montes”

LUGO .- O Circulo das Artes da capital lucense acolleu a primeira das catro xornadas do ciclo de concertos “A Música de Xoán Montes” que promove a Área de Cultura da Deputación, coa actuación da Coral Polifónica do Hospital Xeral de Lugo e a Orquestra Clásica de Xove. O próximo 8 de marzo a xornada celebrarase na localidade de Vilalba, o 8 de maio en Chantada e, por último, o 12 de xuño de 2010 no Concello de Burela.

próximo 8 de marzo na localidade de Vilalba, o 8 de maio en Chantada e, por último, o 12 de xuño de 2010 no Concello de Burela.

Nota de Prensa

O CÍRCULO DAS ARTES ACOLLE O PRIMEIRO DOS CATRO CONCERTOS DO CICLO XOÁN MONTES QUE PROMOVE A ÁREA DE CULTURA

Antón Bao salientou o acerto da Área de Cultura da Deputación ao apoiar este tipo de iniciativas que materializan o excelente traballado que está a realizar o tecido asociativo lucense en prol da cultura galega

LUGO, 13 de decembro de 2009. O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, desfrutou este domingo, no Círculo das Artes da capital lucense, da primeira das catro xornadas do Ciclo de Concertos “A Música de Xoán Montes” que promove a Área de Cultura desta institución co obxecto de homenaxear a figura e obra deste compositor lucense 110 anos depois do seu pasamento. A Coral Polifónica do Hospital Xeral de Lugo e a Orquestra Clásica de Xove interpretarán este mesmo repertorio, composto dunha escolma das pezas máis coñecidas de Xoán Montes, o próximo 8 de marzo na localidade de Vilalba, o 8 de maio en Chantada e, por último, o 12 de xuño de 2010 no Concello de Burela.

Ao remate do concerto Antón Bao asegurou que “Xoán Montes vive no esforzo de todos e todas as que traballades, de xeito altruísta e ilusionado, por manter e consolidar a nosa música e cultura”. Alén disto, o nacionalista salientou o acerto da Deputación de Lugo ao apoiar este tipo de iniciativas “que permiten comprobar o magnífico traballo que dende o eido asociativo se está a facer en prol da cultura galega.” Este labor verifica e reproba “o atino da Área de Cultura desta institución ao apoiarmos ás corais, bandas de música, conservatorios municipais e a todas aquelas asociacións e/ou colectivos que vinculan a súa actividade principal coa literatura, a música, o teatro, a artesanía ou a recuperación do patrimonio inmaterial do páis” salientou.

Exit mobile version