Site icon Crónica3.com A Mariña

Cine, música e cabalgata son actividades do concello de Barreiros para o Nadal

BARREIROS (FNC) .- As actividades de nadal que organiza o Concello de Barreiros darán comenzo o vindeiro 28 de decembro con cinema e rematarán o 6 de xaneiro coa presentación oficial da Coral Polifónica de Barreiros, segundo ven de anunciar a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez.

A edil popular explicou que “os días 28 e 29 temos cinema ás 16:30 horas. As películas están dirixidas a todos os públicos. O 5 de xaneiro temos a tradicional cabalgata de Reis, que dará comezo ás 19:30 horas, facendo o percorrido por todo o concello. E o 6 de xaneiro ás 20 horas teremos a presentación oficial da Coral Polifónica de Barreiros, que estará acompañada pola Coral Polifónica de Burela que a apadriñará”.

Adela Rodríguez subliñou tamén que “hoxe día 21 de decembro, os asistentes ao curso de convivencia social e taller de memoria teño que dicirlles que a partires das catro da tarde, pecharemos a actividade por este ano cuns pinchos xentileza do Eroski de Barreiros. Todos están convidados a achegarse a esta cita de hoxe para festexar o Nadal”.

Exit mobile version