Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúan as actividades de Nadal en Cervo coas “Mañás deportivas”

CERVO .- Continúan as actividades de Nadal en Cervo coas “Mañás deportivas”, mañá, de once a unha do mediodía no pavillón da Veiga, os nenos e nenas de Cervo poderán continuar disfrutando destas “Mañás Deportivas”  con atraccións inchables, ademais dos xogos celebrados hoxe.
Nota de Prensa

CONTINÚAN AS ACTIVIDADES DE NADAL COAS MAÑÁS DEPORTIVAS en Ceervo

Cervo, 28 de decembro de 2009.- O Concello de Cervo, a través da súa concellería de Deportes e en colaboración coa empresa IG10 Sports estivo a desenvolver na mañá de hoxe unha nova edición das “Mañás Deportivas” que tradicionalmente se veñen celebrando no concello como alternativa de ocio para os máis novos durante as súas vacacións de Nadal.

As actividades desenvolvidas hoxe tiveron lugar no pavillón municipal da Veiga, en san Ciprián, e consistiron na celebración de distintos xogos, xunto coa práctica de deportes en equipo para nenos de 4 a 11 anos de idade. Así mesmo, os rapaces e rapazas tamén tiveron a oportunidade de participar en actividades de animación grupal e en obradoiros de globoflexia.

Inchables

Mañá, de once a unha do mediodía tamén no pavillón da Veiga, os nenos e nenas de Cervo poderán continuar disfrutando destas “Mañás Deportivas”  con atraccións inchables, ademais dos xogos celebrados hoxe. As “Mañás Deportivas” rematarán a súa andaina de Nadal o mércores, día 30, no pavillón de Cervo, onde os nenos terán novamente a oportunidade de gozar con xogos xigantes, tradicionais, animación e inchables nos horarios habituais (de 11.00 a 13.00 horas).

Exit mobile version