Site icon Crónica3.com A Mariña

Costas aprobou o proxecto de dotación de servizos do areal de Ril, en Burela

BURELA (FNC). – Costas aproba definitivamente o proxecto de dotación de servizos á praia de Ril, segundo ven de anunciar o alcalde de Burela.

Alfredo Llano asegurou que “acabamos de recibir de Costas un fax no que nos informan que quedou aprobado definitivamente o proxecto de dotación de servizos á praia de Ril. Unhas obras que contan cun orzamento de 128.000 euros”.

O rexedor sinalou que “o proxecto non tardará moito en ser licitado e agardamos que esta obra estea en servizo para o vindeiro verán. Implicará a mellora da zona de aparcamentos, xogos de ximnasia saudable para as persoas maiores, e váise colocar un área de esparcemento infantil e de xogos. Quedará moi ben dotada esta praia e esperamos que siga a ser unha das máis demandadas do noso concello”.

Llano considera que “se trata dunha boa nova para Burela e agardo que sexa executada o antes posible”.

Exit mobile version