Site icon Crónica3.com A Mariña

Criticando que é xerundio

Neste norte galego húmido e nordesío habita un espécime, que por moi mal que vaia o do cambio climático non corre perigo de extinción, trátase do “CRITICÓN”. Esta clase de persoa a está agazapado, ao axexo. Aparece de súpeto coa súa frase. Non pode conter o seu caudal participativo.

Hainos de moitos tipos.Está o criticón negativo, espécime presente en calquera ámbito social e laboral. Ese que, ante calquera proposta, entoa ao segundo un «é que iso non…», un «non lle pode…» ou o típico «iso non vale porque…» (que, traducido, significa: para que vou a mover eu un dedo por intentar facer algo?). Son dos que odian ao que propón solucións que se saen da cómoda rutina. Dicía o paisano admirado Pepe Rubianes que xunto ao inventor da roda había un que soltou: «Bah,». Pois iso.

O criticón tamén chamado augafestas encárgase de pisar a ilusión. Que che acabas de comprar coche: «Pois un amigo meu tivo ese e saíulle fatal». Que estreas abrigo: «En canto se che molle…». Que cambias de móbil: «Non ten radio,». Son os mesmos que preguntan: «E canto che custou?». A o fin e o cabo e unha especie de mestura de envexa e mala educación.

Logo está o “no pero”. Dá igual que estea rodeado de expertos nunha materia e el non teña nin puñetera idea. A cada intervención engadirá un «non, pero…». Adoita ser xente con algún tipo de complexo que necesita facer demostracións constantes de que eles están alí, que teñen terror a ser invisibles, a que non se note o vulto do seu ser. O gracioso que asume ese papel e que non pode deixar pasar unha. Cando o enxeño se converte en obriga, a chispa transfórmase en incendio. Exemplo deste “biotipo” de criticón é o que un día, nun pequeno bar, tiven que deixar de ver un partido porque un tipo de estas características lanzaba varios chismiños por minuto. Ben nutrido de viño a granel. «A este non lle deixan falar na casa», dixo alguén cando o comediante foi ao retrete.

E, por último, o listo. No cine sacan todo o seu potencial. Teñen imán e seguro que lle tocan a vostede preto. «Matoulle», sóltanche en alto tras oír o disparo. «É o asasino», deducen ben forte antes que ninguén. «A que agora lle…?». «Foder co critico de arte e ensaio », soltei a última vez. Síntoo. Saíume da alma e eso que como ateo confeso que non teño de eso.

Exit mobile version