Site icon Crónica3.com A Mariña

Cualifica o BNG de Viveiro de moi deficiente o labor do goberno no ano que remata

NOTA DE PRENSA:
O BNG DE VIVEIRO CALIFICA O LABOR DE GOBERNO NO ANO QUE REMATA COMO MOI DEFICIENTE.

O Bloque Nacionalista Galego fai un balance do ano que remata e califica o labor de goberno como moi deficiente.

En primeiro lugar, seguimos sen contar con orzamento para o ano 2010. Xa non o houbo no 2009. Todos os anuncios feitos polo sr. Alcalde foron fogos de artificio. Anunciou en reiteradas ocasións o Plan Económico Financieiro e mesmo lle puxo data, o mes de setembro, mais este plan nunca veu a luz. Anuciou tamén a presentación dos orzamentos xerais para o ano vindeiro e nada se cumpriu. As débedas a proveedores son cuantiosas. O “volva vostede mañá” é a frase maís habitual que se oe nas oficinas municipais e tamén no despacho a pé de barra.

O BNG xa ten dito noutras ocasións que estas graves deficiencias teñen responsabeis políticos por moito que se queira dar a imaxe de presentalas como eivas imputábeis ao Servizo de Intervención. Como é sabido este Servizo foi reforzado hai xa tres anos co inicio do mandato en solitario do PSOE, cun técnico de servizos financieiros.Portanto os causantes desta situación, insistimos, teñen nomes e adxetivos: o todopoderoso señor Roel e o escapista señor Amor. Nen máis , nen menos.

O BNG entende tamén que o asociacionismo de base está a minguar día a día. Si co cogoberno, onde nós participabamos, estas asociacións contaron co apoio imprescindibel para facer unha programación durante todo o ano, agora algunhas xa teñen desaparecido. Poderíamos por exemplos, mais deixámolo para unha avaliación posterior , con máis vagar, onde demostraremos que aquelas actividades que non son do agrado do señor, desaparecen.

Poderiamos tamén facer unha listaxe de promesas incumpridas que convirten a este alcalde no mellor vendedor de fume de toda a Mariña. No seu día publicaremos un ranking co título dos “contos” máis escoitados.

En definitiva o BNG ve un goberno onde os compoñentes da Xunta Local están simplemente desaparecidos ou son pura decoración de cartón pedra, asistentes traxeados a procesións e desembarcos renacentistas e outros saraos.

O BNG está a analizar , cos datos dos que dispón, a situación económica do Concello. Daquela daremos cumprida conta aos veciños e contribuintes de cal é a situación real, xa que os que o deberían facer nen están polo labor, nen se agarda que o fagan.

Exit mobile version