Site icon Crónica3.com A Mariña

Derrota do Celtas-Primera Calidad en Foz e do C. B. Xove en Ferrol

FOZ / XOVE (MFO) .- Os dous clubs mariñáns seguen sen romper a súa mala racha e xa son colistas da liga Primeira Nacional. O Celtas perdeu por 66 puntos a 87 contra o Recimil de Ferrol e o Xove por 73 a 56 contra o Norinver Ferrol C. B.
O Celtas-Primera Calidad veuse superado polo poderío físico dos ferroláns e pola súa maior rotación de banquiño xa que o adestrador focense so puido contar con oito dos seus xogadores. O partido comezou ben para os de Foz e dende os primeiros minutos foi mandando no marcador. Co paso dos minutos o choque foise equilibrando e no descanso so un punto separaba aos dous equipos ( 39-38 ). No terceiro cuarto a vantaxe física comezou a facerse evidente con un parcial de 15 puntos a 25. O último período comezou con cinco triples dos ferroláns, obstáculo xa insalvable para o Celtas.
Polo Celtas-Primera Calidad xogaron: Aaron(6), Eduardo(2), Miguel(9), Sama(24), Brais(9), Adrián(3), Manolo(14) e Manuel.
O C. B. Xove non puido romper a súa racha negativa contra o Norinver Ferrol C. B. e con esta xa suma sete derrotas consecutivas. Os xovenses comezaron o partido con un pésimo primeiro cuarto no que so anotaron 6 puntos por 25 dos ferroláns. Nos seguintes dez minutos o equipo reaccionou con unha boa defensa marchándose ao descanso once puntos abaixo ( 35-24 ). O terceiro cuarto foi fatal para o Xove, no que recibiu outro parcial de 28 a 6, e o Norinver deixaba practicamente o partido sentenciado. Nos últimos minutos os da Mariña melloraron o seu xogo pero non foi suficiente para alcanzar aos de Ferrol.
Polo C. B. Xove xogaron: Javi(2), Álvaro(1), Juanma(1), Juan María(5), Victor(5),  Andres(22), Angel(9), Fernando(10) e José David(1)

Exit mobile version