Site icon Crónica3.com A Mariña

Desenrólanse en Lugo as VI Xornadas de Portas Abertas de Fibromialxia e Síndrome de Fatiga Crónica

LUGO .- O Deputado de Medio Ambiente, Ricardo Parada, inaugurou este luns a VI Xornadas de Portas Abertas de Fibromialxia e Síndrome de Fatiga Crónica, organizadas pola Asociación de Fibromialxia de Lugo (AFALI) que preside Mari Luz Somoza. O 3% da poboación española padece este tipo de enfermidade que se manifesta fundamentalmente a partir do 40 anos.

Nota de Prensa

Un 3% da poboación española padece fibromialxia

– O Deputado de Medio Ambiente inaugurou as VI Xornadas de Portas Abertas de Fibromialxia e Síndrome de Fatiga Crónica, organizadas por AFALI

– O 85% dos afectados son mulleres e a enfermidade maniféstase a partir do 40 anos, inhabilitando ós doentes da súa actividade laboral

O Deputado de Medio Ambiente, Ricardo Parada, inaugurou este luns a VI Xornadas de Portas Abertas de Fibromialxia e Síndrome de Fatiga Crónica, organizadas pola Asociación de Fibromialxia de Lugo (AFALI) que preside Mari Luz Somoza. No transcurso do acto, que se desenvolveu no Pazo de San Marcos, revelouse que o 3% da poboación española padece este tipo de enfermidade que se manifesta fundamentalmente a partir do 40 anos. Ricardo Parada subliñou que “acudo a este encontro como Deputado e como médico co obxectivo de poñer en coñecemento esta patoloxía para informar sobre a súa prevención”.

O Deputado Provincial, que exerce a súa carreira médica no Concello da Fonsagrada, explicou que “eu teño 10 veciños que padecen esta enfermidade e, un deles, cumpre todas as diagnoses”.

Este tipo de patoloxía é máis frecuente no sector feminino, concretamente o 85% dos afectados son mulleres. A enfermidade maniféstase con dores musculares, inhabilitando ós doentes da súa actividade laboral. Como tratamento paliativo aconséllanse, ademais dos analxésicos, o tai chi, o ioga ou a natación. Xeralmente ante a incapacidade laboral, coa enfermidade soe ir asociada a depresión.

A Asociación de Fibromialxia de Lugo (AFALI) fundouse en 2003 e na actualidade conta con 125 socios en toda a provincia. Dende a Asociación reclaman a creación dunha unidade multidisplinar e un maior apoio por parte das institucións.

Exit mobile version