Site icon Crónica3.com A Mariña

Entrega de premios dos concursos de postais e de narración de Cervo

CERVO .- As delegacións de Cultura e de Asuntos Sociais do Concello de Cervo informan de que os gañadores do concursos de Postais do Nadal, foron Lucía Soto, Andrea López Méndez, Celtia López Martínez; a gañadora da narración contra a violencia de xénero “Carta a un Maltratador” foi Dulce Mª López Gasalla.  A entrega  de premios aos gañadores terá  lugar o vindeiro domingo, 20 de decembro, no transcurso do Festival de Maxia que terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura.

Nota de Prensa
ELIXIDOS OS GAÑADORES DOS CERTAMES DE POSTAIS, POESÍA E RELATO DO CONCELLO DE CERVO

Cervo, 18 de decembro de 2009.- O Concello de Cervo -a través das súas delegacións de Cultura e de Asuntos Sociais- fixo público o nome dos gañadores dos concursos de postais do Nadal, poesía infantil; e do certame de narración contra a violencia de xénero “Carta a un Maltratador”.

Os gañadores son os seguintes:

VII Concurso de Postais do Nadal
Nome e Apelidos     Colexio     Modalidade
Lucía Soto (*)     CEIP Cervo     5 anos
Andrea López Méndez     CEIP Cervo nº1 (Galdín)     8 anos
Celtia López Martínez     CEIP Cervo nº1 (Galdín)     9 anos

(*) = Postal gañadora, elixida para a felicitación oficial do Concello

Concurso “Carta a un Maltratador”
Nome e Apelidos     Premio
Dulce Mª López Gasalla     100,00 €

A entrega  de premios aos gañadores terá  lugar o vindeiro domingo, 20 de decembro, no transcurso do Festival de Maxia que terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura a partires das sete da tarde (19.00 h.) e na que actuará  o ilusionista Martín Camiña co espectáculo “Feitizo”. No acto de entrega de premios tamén haberá agasallos a todos os nenos e nenas que participaron no concurso de postais.

Feitizo

O espectáculo “Feitizo” mistura maxia, humor e a participación do público, percorrendo os diferentes estilos da arte a da ilusión.

Martín Camiña conxuga en “Feitizo” prácticas destinadas a conseguir un efecto máxico e extraordinario. Manipulación de de naipes, camisas de forza, guillotinas, panos, xornais, billetes, espadas, etc… serán só algúns dos ingredientes deste espectáculo, no que en todo momento cubertos pola música e a palabra e que levarán ao espectador a un mundo máxico e emocionante.

Exit mobile version