Site icon Crónica3.com A Mariña

É de extrema gravidade que o alcalde de Cervo “decida” que documentos pasan ou non, polo rexistro xeral, asegura o PSOE

Nota de Prensa

O ALCALDE DE CERVO OCULTOU INFORMACIÓN TRANSCENDENTE Á OPOSICIÓN

O GMS considera de extrema gravidade que Alfonso Villares “decida” que documentos pasan ou non, polo rexistro xeral

CERVO, 18 DE DECEMBRO. O alcalde de Cervo ocultou información aos veciños e á oposición. Foi o pasado 2 de xuño cando Alfonso Villares enviou unha carta ao Director Xeral de Educación D. José Luis Mira Lema, onde pedía a agrupación do alumnado de San Ciprián no CEIP de Galdín.

O GMS ao ter coñecemento ao expedente do contencioso presentado contra a Consellería de Educación por parte da Anpa do Ceip Rivera Casás e despois de analizar o contido do mesmo, démonos conta de que a carta enviada polo mandatario Cervense non tiña o membrete de saída do rexistro xeral do Concello. O pasado martes, o GMS verificou que a carta en cuestión non estaba asentada nos libros, nin aparecía nos documentos de saídas.

O artigo 152 do Rexime Xurídico das Entidais Locais (ROF) establece claramente que “El Registro general estará establecido de modo que garantice la constancia de la entrada y salida de todos los documentos que tengan como destinatario o expida la entidad local”.

O Alcalde, como Juán Palomo…..

Temos a impresión de que o alcalde de Cervo pensa que o Concello e a súa casa e pode facer e desfacer sen contar con ninguen, coma Juán Palomo. Ademais, con istas actitudes, Alfonso Villares exponse a un serio problema, posto que a súa credibilidade está en entredito. Nin o  GMS nin os veciños poden fiarse dun alcalde que oculta documentos onde se tratan de forma unilateral asuntos de gran trascendencia social e que repercuten na vida dun pobo.

Datos falsos

Nesta carta danse ademais datos falsos sobre matrículas nos centros e ademais o alcalde de Cervo volve a contradecirse posto que fala das “maltreitas arcas municipais” xustificando así que so quede un dos centros. Sen embargo, Villares presumia de que as contas para este ano tiñan un superavit de 1,6 millones. ¿Cal das versións temos que creer?

O PP continúa coas actitudes antidemocráticas

Dende o GMS preguntámonos cales son os motivos que levan aos membros do PP a ocultar datos ou porqué o Sr Balseiro quere impedir á oposición facer fotos denunciando situaciones de risco para os traballadores. Está claro que ao PP non lle interesa que os Grupos da oposición fagan o seu traballo, seguramente porque teñen moito que ocultar.

Exit mobile version