Site icon Crónica3.com A Mariña

Econcontro no Centro Galego de Bos Aires

Os catro alcaldes de A Mariña que viaxaron a Arxentina desde Barreiros, Lourenzá, Trabada e Alfoz mantiveron un encontro no Centro Galego de Bos Aires cos nenos do colexio Sagrado Corazón. Segundo explica o rexedor barreirense, Alfonso Fuente, “os cativos fixeron unha interpretación para os alcaldes da Mariña, a modo de agradecemento pola nosa visita. Foi un momento de moita alegría dentro desta viaxe que estamos a realizar por Arxentina”.

Exit mobile version