Site icon Crónica3.com A Mariña

Exposición de cestaría do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación no mercado de nadal en Ribadeo

RIBADEO .- O Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación provincial, exporá parte da súa colección de cestaría na VIII Edición do Mercado de Nadal de Ribadeo. Trátase dunha cita, que se desenvolverá deste hoxe e ata o 8 de decembro,  onde se mostrarán ata 30 actividades artesanais, complementadas con música e espectáculos para todos os público.

Nota de Prensa

O CENTRAD expón pezas da súa colección de cestaría na VIII Edición do Mercado de Nadal de Ribadeo

O Centro de Artesanía e Deseño organiza novos cursos onde se elaborarán pezas con tradicionais técnicas de Asturias e Cáceres

O Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación provincial, exporá parte da súa colección de cestaría na VIII Edición do Mercado de Nadal de Ribadeo. Trátase dunha cita, que se desenvolverá deste hoxe e ata o 8 de decembro,  onde se mostrarán ata 30 actividades artesanais, complementadas con música e espectáculos para todos os públicos. O CENTRAD levará á mostra esta localidade da Mariña un total de 20 cestos que se elaboraron empregando distintas técnicas, e que se poderán ver na oficina de turismo de Ribadeo dende este venres e ata o mes de xaneiro.

Por outra banda, hoxe remata o curso Cestaría de Costelas que se está a impartir no Centro do Paseo do Rato dende o pasado 30 de novembro, e no que están a participar 10 persoas. Trátase dunha xornada na que se amplican técnicas especiais de fabricación extendidas en países europeos como Francia, Inglaterra ou Alemaña, e cuxa particularidade é que se comezan os cestos elaborando as asas cuns arcos de mimbre.

Novos cursos

O vindeiro sábado, o Centro do Paseo do Rato acolle a xornada Cestaría de vimbio: zarzo, cul de queixal e celta. No curso, que se prolongará ao longo desa fin de semana, realizaránse diferentes e tradicionais bandexas. Por exemplo, o zarzo que  é unha peza que antigamente se empregada en Asturias para escorrer queixos.

Da mesma forma, dende o mércores 9 e ata o domingo 13, Daniel Rodríguez, o único artesán da provincia de Cáceres que se adica a cestaría fina, imparte a xornada Cestaría fina de láminas de madeira. Este profesional ensinará o proceso de preparación e elaboración para a creación de cestos de madeira debuxados. A xornada, que tamén terá lugar no Centro do Paseo do Rato do CENTRAD, terá lugar dende ás 10:00 horas e ata ás 14:00 da mañá, e pola tarde dende ás 16:00 horas ata ás 20:00 horas.

Exit mobile version