Site icon Crónica3.com A Mariña

Fernando Suárez analizou o PXOM de Ribadeo con responsables de Patrimonio en Santiago

RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asistiu hoxe en Santiago a unha nova xuntanza celebrada na Dirección Xeral de Patrimonio sobre o PXOM. O rexedor foi convidado ao encontro no que participaron técnicos de Patrimonio, da empresa redactora do plan e o arquitecto municipal.

Tratouse dunha nova reunión de traballo para analizar o informe emitido por Patrimonio sobre todas as correccións propostas para facerlle ao PXOM. Segundo o rexedor “a xuntanza enmárcase dentro da normalidade e dentro do calendario de traballo fixado pola Dirección Xeral de Patrimonio”. Fernando Suárez dixo que “tamén se trata de dar cumprimento ao acordado na Comisión Informativa de Urbanismo de seguir a facer xestións desde Ribadeo para que o plan avance”.

Exit mobile version