Site icon Crónica3.com A Mariña

Igualdade e Benestar prevé que a escola infantil de Foz abra no primeiro trimestre do 2010

SANTIAGO .- O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar prevé sacar a licitación nas próximas semanas o equipamento para a escola infantil de Foz, co un investimento de 120.000 euros. Tamén conta coa previsión de que a escola entrará en funcionamento no primeiro trimestre do próximo ano

REFERENCIA

O Consorcio sacará a licitación nas próximas semanas o equipamento da escola infantil de Foz, cun investimento de 120.000 euros

*
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, deu conta hoxe da situación desta instalación na Comisión 5ª do Parlamento de Galicia
*
Roberto Rodríguez lembrou que a escola entrará en funcionamento no primeiro trimestre do próximo ano
*
O día 15 rematou a prazo para a matriculación efectiva

Santiago, 17 de decembro de 2009.- O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar sacará á licitación nas próximas semanas o equipamento para a escola infantil de Foz, o que suporá un investimento dun total de 120.000 euros. Trátase dun trámite que cumpre co compromiso de que esta instalación entrará en funcionamento no primeiro trimestre do próximo ano.

Neste sentido, lembrou que se están a dar todos os pasos no prazo oportuno para cumprir o compromiso de que este centro educativo entre en funcionamento no primeiros meses do vindeiro exercicio.

A este respecto, recordou que o día 15 rematou o proceso para proceder á matrícula efectiva dos nenos. Ademais, fixo fincapé na “boa colaboración” que se está a manter co Concello de Foz.

Por outra banda, o xerente do Consorcio destacou que no primeiro trimestre do próximo ano abrirán as súas portas, ademais da escola infantil de Foz, outros 7 centros en Ferrol, Ares, Ames, Marín, Vilagarcía, Silleda e Cotobade. En total, todas elas suporán un total de 524 novas prazas.

Ademais, o pasado mes de setembro xa entraron en funcionamento 753 novas prazas de 0 a 3 anos, de forma que a oferta da Xunta de Galicia actualmente situase en 110 centros infantís, cun total de 6.148 prazas. A estas prazas, hai que sumarlle os centros municipais subvencionados (5.146 prazas), os de iniciativa social (3.200 prazas), e os que son partícipes do cheque infantil (1.446 prazas). O que fai un total de 15.000 prazas financiadas con fondos públicos.

Exit mobile version