Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 150 mulleres participaron na xornada de “Visibilización da Muller Rural na provincia de Lugo”

LUGO .- O Presidenta da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, recibiron este venres a máis de 150 mulleres pertencentes á Federación de Asociacións de Mulleres Rurais nunha xornada organizada pola organismo provincial en apoio a este colectivo.

Nota de Prensa

Gómez Besteiro impón a Insignia de Ouro da Provincia á Presidenta de FADEMUR

– O Presidente da Deputación fai entrega deste galardón en recoñecemento do traballo levado a cabo na defensa da igualdade da muller no rural

– O titular do organismo provincial salienta que en Galicia máis do 52% dos titulares das explotación gandeiras son mulleres

– Gómez Besteiro brinda o apoia da Deputación  ás máis de 150 mulleres que participaron na Xornada de Visibilización da Muller Rural na provincia de Lugo

O Presidenta da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, recibiron este venres a máis de 150 mulleres pertencentes á Federación de Asociacións de Mulleres Rurais nunha xornada organizada pola organismo provincial en apoio a este colectivo. Gómez Besteiro impuxo a Insignia de Ouro da Provincia á Presidenta de FADEMUR, Rosa Arcos, en recoñecemento do traballo levado a cabo en defensa da igualdade da muller no rural.

O máximo mandatario provincial explicou que a Xornada de Visibilización da Muller Rural na provincia de Lugo “é un merecido homenaxe ás mulleres do rural. Históricamente, sempre tivéstedes unha triple función: a de nais e traballadoras do fogar, a social, e a de emprendedoras. A vosa labor, máis alá de contribuir de forma notable á economía familiar, é fundamental para o desenvolvemento da provincia”.

O titular do organismo provincial incidíu en que “malia o voso traballo, durante anos fostedes invisibles ante unha sociedade chea de prexuízos e de discriminacións, Sufrístedes anos de dependencia económica ao non obter ingresos propios, dereitos sociais, nin unha identidade profesional”.

Neste senso, Gómez Besteiro destacou que no 2005, un 60% das mulleres españolas que traballaban nunha explotación agraria, non cotizaba á seguridade social. “Grazas ao voso esforzo, e a contínua adicación de FADEMUR, hoxe en Galicia máis do 52% dos titulares das explotación gandeiras son mulleres”, destacou.

Apoio a FADEMUR

Gómez Besteiro destacou que “a Deputación quere con esta xornada brindarvos o noso apoio, e dentro das nosas competencias, colaborar coa vosa tarefa”. Neste senso, explicou os proxectos da Deputación en pro do medio rural, como o Centro de Recría da Granxa Gayos-Castro; unha iniciativa da dotado de 10 millóns de euros que aforrará cartos aos gandeiros; ou proxecto Innova-TE, dotado de 7 millóns de euros, e que achegará Internet a todos os Concellos a través da rede.

Asimesmo, a Deputación marcou con un dos principais obxectivos do proxecto Lugo2  fomentar a creación de emprego entre os sectores en risco de exclusión. Trátase dunha iniciativa que aposta pola economía verde, e que inclúe axudas para a creación de novos negocios no rural, ou para impulsar a economía dos existentes.

O Presidente da Deputación concluíu señalando que “a Deputación está a escoitar as vosas reivindicacións e traballa para elas con esta actuacións. Hoxe, con esta xornada, queremos darvos voz, para seguir por este camiño”.

Estudo da USC

Durante a xornada analizouse a situación da muller que vive e traballa no campo, estudáronse as iniciativas do organismo provincial en pro da igualdade de oportunidades, e presentou parte dun estudo que está a realizar a USC froito dun convenio coa Deputación sobre as actitudes e os hábitos de consumo de información da muller rural.

Segundo as primeiras conclusión deste traballo, máis do 50% das mulleres que traballan no campo non len prensa escrita principalmente polas dificultades de desprazamento e a falta de tempo. Polo que se refire ao acceso a Internet, o 50% das enquisadas non teñen ordenador no fogar, e a maioría non se conecta a rede. Entres as causan que alegan: a idade, o non ter conexión preto da casa, e a falta de tempo.

O medio máis consumido polas mulleres segundo este estudo é a radio. Neste caso, a maioría das enquisadas aseguran escoitala máis dunha hora sendo a franxa matinal a máis escollida. Polo que respecta a televisión, o tempo que lle adican é de unha a duas horas, e o que máis lles interesan son os informativos. Mentres, o uso da telefonía móbil está xeralizado.

Exit mobile version