Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela repartirá a “Guía de setas de Burela e a Mariña” polos centros de ensino

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e Mª Cristina García-Echave, repartirán o vindeiro venres 11 de decembro polos centros de ensino exemplares do libro Guía de setas de Burela e A Mariña, que hai uns días presentou a autora nun acto celebrado na vila.

Llano explica que “iremos tanto aos colexios de primaria como aos dous institutos para entregarlles aos directores dos centros 10 ou 12 exemplares deste libro co fin de que os teñan nas súas bibliotecas e todo o mundo poida apreciar o que se expón nesta guía”. O rexedor burelés subliña que “se trata dun libro importante referido a setas, ten 184 páxinas que son practicamente unha ficha de cada especie de cogomelo atopado en Burela e na Mariña. O Concello participou na edición deste libro porque consideramos que hai que axudar a todos aqueles autores que o merecen, tanto deste tema como doutros que puideran xurdir”.

O alcalde asegura que “esta guía é un bo motivo para que a xente se achegue aquí a Burela e á comarca porque é un atractivo e ó mesmo tempo poden aproveitar para visitar toda esta zona”.

Exit mobile version