Site icon Crónica3.com A Mariña

O proxecto de mellora dos accesos ás Catedrais foi feito con mimo e con coidado, asegura a alcalde de Ribadeo

RIBADEO (FNC) .-  O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que o proxecto de acondicionamento e mellora dos accesos á praia das Catedrais foi feito con mimo e con coidado e que da cumprimento ás expectativas e ás promesas realizadas nos últimos meses polo presidente da Deputación.

Á saída do acto de presentación celebrado esta mañá en Lugo na Deputación Provincial, o rexedor sinalou que “nesta presentación aquí na Deputación Provincial do proxecto de acondicionamento e mellora dun tramo da estrada provincial 610, que ven a cumprir as expectativas e as promesas que nos fixo o presidente da institución, José Ramón Gómez Besteiro, de ter redactado a finais de decembro este proxecto que suporá un investimento moi importante. Son 500.000 euros os que se investirán nun tramo de 2,4 kilómetros e un prazo de execución de 4 meses desde a súa adxudicación”.

Suárez Barcia asegura que “é un proxecto feito con mimo e cuidado, o que merece un lugar como é o entorno da praia das Catedrais. Un lugar de interese comunitario (LIC) proposto pola Rede Natura 2000,  tamén está declarado monumento natural e, como todo o territorio do concello, foi declarado hai pouco pola Unesco Reserva da Biosfera. Polo tanto todo o que se faga alí ten que ser feito con extremo coidado”. O rexedor explica que “váise producir unha regulación do ancho do que é a vía do entorno desde a praia das Catedrais ata a dos Castros, dotaráse dunha nova capa de aglomerado asfáltico e entendemos que ademáis irá tamén unha petición nosa, que no seu día foi realizada a Costas, pero que agora a Deputación se ofrece a facela, é a construcción dunha depurado compacta, moderna, punteira que servirá para substituir unhas fosas que ten o Concello nas que se tratan as augas das duchas, dos servizos… esa depuradora no seu tramo final leva un sistema de depuración ultravioleta, co cual eso é o máis punteiro que existe no mercado actualmente”.

O alcalde suliñou que “As Catedrais, a parte de que está no concello de Ribadeo, é o mascarón de proa de todas as praias galegas, é unha das praias máis fotografiadas e visitadas de todo o mundo. E non me quedo corto si digo algo así, e algo que ten xente durante todo o ano debe ter uns accesos adecuados. Con esto dase un paso moi importante, agora queda outro, xa desde a Deputación son sensibles ás demandas que lles estamos a facer desde o Concello, para que por parte de Costas procedan tamén con mimo e con coidado a facer unhas zonas de aparcamento que non teñen porque estar pegados ao mar, pero que poidan canalizar a chea de coches que ano tras ano en semana santa, verán, etc… ateigan esa zona e que é necesario facer actuacións coordinadas coma as que se están a facer agora. Neste caso, neste novo proxecto ten que estar implicado Costas a través do Ministerio de Medio Ambiente”.

Exit mobile version