Site icon Crónica3.com A Mariña

O Banco de Tempo de Burela organiza un encontro para compartir e celebrar o Nadal cos socios

BURELA (FNC) .- O banco de tempo de Burela organizou para o vindeiro venres un encontro para compartir e celebrar o nadal cos seus socios.

Segundo explica a técnico do banco de tempo, Vanesa Rodríguez, “o venres teremos un encontro cos socios do banco de tempo. Cada un pode levar a algún familiar, amigo ou os nenos tamén. Será na Praza de Abastos de Burela a partires das sete da tarde e será un encontro de dúas horas de duración, para celebrar con todos os socios o Nadal e ter unha xuntanza familiar entre amigos para coñecernos un pouco máis e para animar aos socios que temos neste momento nos están a axudar moito”.

Curso de informática

Vanesa Rodríguez cualificou de éxito o curso de informática que comenzou onte no centro ocupacional de Burela dirixido tamén aos socios. A técnico do banco de tempo dixo que “o curso de informática foi totalmente un éxito. Onte non puideron asistir todos os socios, sobre todo por enfermidades derivadas deste tempo que estamos a ter. Está a ser impartido por un dos socios e o resto están aprendendo moito e o máis básico, que é o que eles demandan”.

Exit mobile version