Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro de Dinamización de Burela impartiu en novembro 6 obradoiros tecnolóxicos

BURELA .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en novembro co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas Novas Tecnoloxías en Burela. No mes que remata impartiu un total de 6 obradoiros tecnolóxicos, a través dos que se formou a 53 persoas e que se estenderon ao longo de 49 horas.
Os obradoiros impartidos foron os seguintes: “Blog, participa en Internet”, “Iniciación a Internet”,
“Iniciación á Informática: Linux”, “Creación dunha conta de correo electrónico” e 2 edicións do
obradoiro “Debuxo por ordenador”.
Ademais, en novembro, comezouse a levar a cabo a iniciativa “Memoria de Muller”. En dita
iniciativa participan 5 mulleres maiores de 50 anos, as cales están a elaborar unha montaxe de
vídeo na que contarán algunha das súas vivencias. As videomontaxes están a ser creadas a coa
voz de cada muller, fotos propias e música libre. A iniciativa rematará a finais deste mes de
decembro.
Asemade, 22 persoas inscribíronse como novos/as usuarios/as da Rede para poder aproveitar
-sempre de xeito gratuíto- as iniciativas que esta oferta e as súas instalacións, que foron foron
utilizadas nun total de 656 ocasións.
En canto aos números xerais da Rede, desde que botara a andar neste concello de Burela en
xaneiro de 2008, foron xa 400 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo
leváronse a cabo 137 obradoiros que se extenderon ao longo de 1.286 horas e nos que se formou
a 815 participantes. Aínda que os obradoiros son a principal actividade formativa que oferta a
Rede, tamén se fixeron 7 charlas e 3 iniciativas, nas que participaron 129 persoas.
A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica,
enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das
estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus
principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e
ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores
e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que
se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás
necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con
discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao
Centro de Dinamización de Burela, sito na Casa da Xuventude do concello ou mandar un correo
electrónico ao enderezo: roberto.burela@dinamiza.fundacioncalidade.org.

Exit mobile version