Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela adheriuse á certificación ISO 14001/EMAS

BURELA (FNC) .- O Concello de Burela ven de adherirse á certificación ISO 14001/EMAS, segundo ven de anunciar o alcalde.

Alfredo Llano explicou esta tarde que “o Concello de Burela adheríuse á iniciativa da Deputación de Lugo de meter as nosas praias na certificación ISO 14001/EMAS. Consideramos que esta certificación esixe un compromiso moi forte para os Concellos de cara a ter as praias cunha presentación e adecuación óptima para quen queira gozar delas”.

O rexedor engadiu que “dita certificación, dito sistema de xestión medio ambiental trae unha serie de compromisos como a mellora continua ou a prevención da contaminación e esixe que as praias teñan unha serie de servizos para os usuarios que serán moi beneficiosos para atraer turismo e ao mesmo tempo a xente de Burela se identificará e gozará moito máis das cousas que temos no concello”.

Llano considera que “a aplicación da ISO 14001/EMAS levarase adiante a partires do verán en todas as praias do noso concello, ou polo menos nas que mellor se adapten a estes requirimentos. Hai que considerar que agora mesmo témolas case todas con bandeira azul e esto dálle un valor engadido e cremos que será importante para o noso concello. Será bo para a xente do pobo e para os que queiran achegarse ao noso municipio”.

Exit mobile version