Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Feijoo non ten ningunha previsión para a posta en marcha do Pac de Foz, asegura o PSOE

Nota de Prensa

REGO DI QUE “HOXE CONFIRMÁRONSE NO PARLAMENTO AS MENTIRAS DO PP SOBRE PAC DE FOZ”

– Denucia que o Goeberno de Feijoo non ten ningunha previsión para a posta en marcha do Pac de Foz, e unicamente se comprometeu a estudar a posibilidade de poñer en servizo unha ambulancia sanitaria ou medicalizada

– O deputado socialista lamenta que o retraso, por parte da Xunta,  na posta en funcionamento das escola infantil de Foz e aínda que valorou que finalmente asuma o compromiso de facelo no 1 trimestre do 2010

Santiago de Compostela , 17 de decembro de 2009.  O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael interpelou hoxe, na Comisión 5ª do Parlamento, ao Goberno autonómico sobre a posta en marcha do PAC de Foz e a demora da escola infantil, desta localidade lucense.

Rego afirma que trala intervención da Directora Xeral de Saúde Publica, na citada comisión, para dar resposta á pregunta do PAC, sinala que confirma as mentiras do PP sobre o PAC de Foz na pasada lexislatura.

Argumenta que a Directora Xeral dixo, na comisión, que non ten ningunha previsión para a posta en marcha do Pac de Foz, e unicamente se comprometeu a estudar a posibilidade de poñer en servizo unha ambulancia sanitaria ou medicalizada.

Con estes argumentos Rego lembroulle, na súa intervención, a responsable do Goberno autonómico, as reiteradas promesas o PP no Parlamento na pasada lexislatura a través de distintas Proposicións. Sinala que nestas iniciativas o Partido de Balseiro esixía e comprometíase coa posta en servizo do Posto de Atención Continuada en Foz, nun prazo non superior a 3 meses. Por iso advirte que despois de levar 8 meses gobernando non deron nin un so paso na mellora da atención sanitaria de Foz “quedando ao descuberto as mentiras do Goberno de Feijoo e dos deputados do PP da zona”, que claramente acaba de poñer ao descuberto a Directora Xeral de Saúde publica, cando afirma no Parlamento que o actual goberno non  ten previsto executar esta infraestrutura.

Na citada comisión, tamén interpelou ao xerente do consocio sobre a escola infantil de FOZ.  Lembrou o gran esforzo feito polo alcalde de Foz para Adquisición dun inmoble a disposición da Xunta co obxectivo de atender unha gran necesidade existente neste concello, o que permitiu o asinamento dun convenio co anterior goberno para a rehabilitación do inmoble, e que deixou rematadas as obras “só están pendentes da dotación de equipamentos”, sinalou que “ o actual Goberno de Feijoo tivo paralizado durante os pasados 8 meses e privado ás familias de Foz, dun servizo básico para conciliación da vida familiar e laboral”, relatou. O deputado socialista lamenta que o retraso, por parte da Xunta,  na posta en funcionamento das escola infantil de Foz e aínda que valorou que finalmente asuma o compromiso de facelo no 1º trimestre do 2010.

Con todo o deputado socialista valorou positivamente que finalmente o Xerente do consocio asumira o compromiso no Parlamento, de licitar nos próximos días os equipamentos precisos para a posta en marcha da escola infantil. Un feito- segundo anunciou- que se producira no 1º trimestre do ano que ven.

Rego explicou que este tipos de convenios son beneficiosos xa que están baseados na cooperación institucional co fin de dotar de servizos e equipamentos básicos para a poboación, do que o Concello de Foz, esta a ser un referente que non estaría de mais que a Xunta tomase coma exemplo para futuras actuacións baseadas na cooperación e na lealdade institucional.

Exit mobile version