Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP critica o BNG por apoiar os orzamentos do Estado

NOTA DE PRENSA
Unha vez máis os nacionalistas préganse aos intereses do PSOE a cambio de promesas estériles que no 2010, como nos últimos anos, non chegarán a cumprirse
O BNG AVALA QUE A MARIÑA LUCENSE SEXA A GRAN PREXUDICADA POLAS CONTAS DE ZAPATERO

* O Goberno central reduce en 20 millóns de euros as achegas para rematar a Transcantábrica, a pesar de que as dificultades técnicas e a lenta execución dos traballos fan necesario un maior gasto para poder rematala, e limita a uns raquíticos 10 mil euros a previsión de investimento para o corredor nunha posición totalmente incoherente co que afirman defender na nosa comarca.

* Apiques de rematar o ano, gran parte dos compromisos orzamentarios do Estado non se executaron. Así por exemplo ZP non empregou o 90% dos fondos na partida de control para a regresión da costa.

A Mariña, 10 de decembro de 2009.- A pesar de que a Mariña lucense é gran prexudicada polas contas deseñadas polo Goberno de Jose Luis Rodríguez Zapatero o Bloque Nacionalista Galego rexeita os vetos no Senado aos Orzamentos Xerais do Estado e permite así que continúen a súa tramitación parlamentaria. A postura cómplice do senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, que un ano máis prégase aos intereses do PSOE -a cambio de promesas estériles que para 2010, tal e como aconteceu nos últimos anos, non se cumprirán- permite non só salvar as contas de Zapatero senón que prospere a intención do Executivo central de incrementar os impostos, entre eles o IVE, que se aplica a todos os produtos de consumo con independencia do nivel de renda do comprador.

MALOS DATOS PARA A MARIÑA

Cabe subliñar no relativo á nosa comarca que o BNG avala unhas contas estatais que reducen en 20 millóns de euros as achegas para rematar a Transcantábrica, a pesar de que as dificultades técnicas e a lenta execución dos traballos fan necesario un maior gasto para poder finalizar as obras e acadar unha pronta entrada en servizo dos treitos pendentes. Ademais limita a uns raquíticos 10 mil euros a previsión de investimento para o corredor. O apoio do BNG amosa unha postura de grande hipocrisía política e totalmente incoherente co discurso que mantén na nosa comarca.

Finalmente os populares lembran que, a piques de rematar o ano, gran parte dos compromisos orzamentarios pendentes non se executaron. Así por exemplo ZP non empregou un só euro da partida de control para a regresión da costa unha das que maior investimento prevía achegar á Mariña lucense.

O BNG ESQUECE EN MADRID O DIQUE NORTE DE ALCOA

Finalmente os populares lembran que, entre os esquecementos máis salientables do BNG no proceso de tramitación dos Orzamentos Xerais do Estado está a non presentación dunha emenda reclamando a achega dos financiamento necesario para iniciar os trámites dirixidos á apertura ao tráfico comercial xeral do dique norte de Alcoa. Os nacionalistas pese a reclamar a través dunha campaña institucional esta posibilidade esquecen requirir que as contas estatais contemplen as achegas necesarias para facer realidade este propósito. Segundo o PP, estamos ante unha mostra máis da facilidade coa que os nacionalistas venden a Galicia, venden a Lugo, venden á nosa comarca, un comportamento que adoita o seu máximo apoxeo co aval do BNG no Senado a estas malas contas do Goberno central

Exit mobile version