Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP cualifica de partidistas as previsión inversoras da Sociedade Urbanística Provincial anunciadas por Besteiro

Nota de Prensa

O GPPP considera que as previsión inversoras de Suplusa anunciadas por Besteiro pecan de partidistas

Lugo, a 3 de decembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular detecta nun primeiro análise dos orzamentos da Sociedade Urbanística Provincial (Suplusa) dados a coñecer polo Presidente da Deputación “certo tufillo partidista”.

Así, na opinión do voceiro adxunto do GPPP José María González Barcia, resulta “moi curioso” que dos 23 concellos nos que, segundo as valoracións realizadas pola Deputación, resulta prioritario dotalos de equipamentos básicos, únicamente figuren oito concellos gobernados polo Partido Popular pese a ser este partido o maioritario nas alcaldía da provincia.

Por esta razón, os populares consideran “necesario” que dende a Deputación se den a coñecer os criterios que se seguiron para establecer esta lista de municipios ós que dirixir a inversión de Suplusa e, ó tempo, se especifiquen as actuacións que está previsto levar a cabo en cada un deles.

As previsións de inversión neses 23 concellos, en opinión de Barcia, non axudarán en nada de cara a establecer un auténtico reequilibro territorial na provincia. “Cando o anterior Goberno da Xunta anunciou o plan de reequilibro territorial, Besteiro dixo que a Deputación actuaría e tomaría as medidas oportunas para que ese plan fora realidade, algo que non fixo. En resumo, os bipartitos nin antes na Xunta nin agora na Deputación están axudando a que o reequilibro sexa realidade porque xa, no tocante á Deputación, en mateira de parques empresariais e en infraestructuras, o avance é moi escaso nestes dous anos e medio”, indicou.

Para González Barcia tamén resulta “chocante” que, no que atinxe ó acondicionamento de chan industrial e á creación de polígonos industriais, se estableza como preferentes o de Chavín, en Viveiro, e o de Triacastela “cando hai unha longa lista de espera para que se cumplan as previsións orzamentarias de Suplusa nesta materia”.

Cos cambios introducidos en Suplusa tamén dá a impresión, ó entender de Barcia, que este organismo “vai a converterse nun auténtico caixón de sastre porque se o seu obxectivo inicial era axudar ós concellos a facer os seus planeamentos municipais e favorecer a implantación de polígonos industriais, dende logo non se están a manter esas prioridades coa inclusión de novas competencias”.

Exit mobile version