Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela presenta unha moción para que as obras do Plano E se definan a través da Xunta de Portavoces

NOTA DE PRENSA

O GMPP presenta unha moción para que as obras do Plano E se definan a través da Xunta de Portavoces.

Luis Pedre afirma que o alcalde non contestou á petición formal formulada recentemente polos populares.

Considera que as actuacións que se leven a cabo deberían contar cun amplo respaldo social.

O GMPP de Burela tiña previsto presentar no día de hoxe unha moción no Concello para solicitar que as obras do Plano E se definan por consenso a través da Xunta de Portavoces.

O concelleiro popular Luis Pedre lembrou que o PP presentou o pasado día dez un escrito no que solicitaba formalmente do alcalde a celebración dunha reunión da Xunta de Portavoces a tal efecto. A día de hoxe, indicou Luis Pedre, non temos resposta. Por eso é polo que o PP traslada a mesma petición ó pleno en forma de moción, para que “cada partido se retrate”.

Pedre, facendo memoria, dixo que a Xunta de Portavoces só  se reuniu no que vai de mandato municipal dúas veces, cando nos últimos anos de goberno municipal do PP esta reunión era habitual cada dous meses. Esto demostra, a xuizo de Luis Pedre, quen tén talante e talento democrático para tratar e falar dos asuntos que lle afectan ó conxunto dos veciños.

Ademais, segundo Pedre, as obras do Plano E son as únicas que está a executar o concello, e por riba nesta segunda edición se pode investir en gasto corrente de servicios que presta o concello parte dos fondos que transferirá o Estado. Razón de máis, segundo o edil popular, para que se tente buscar un consenso entre as tres forzas políticas, máxime tendo en conta que o PP é a forza maioritaria na corporación e a máis votada.

Pedre foi máis alá, e dixo que se o PP gobernase xa tería contado de forma decidida co parecer e coas suxerencias da Asocación de Veciños O Vencello, e mesmo se exporían os proxectos ós cidadáns máis directamente afectado, para que todas e cada das actuacións contase co maior e máis amplo respaldo social.

Exit mobile version