Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela suplanta ao goberno galego para anunciar obras comprometidas e paralizadas, asegura BNG

Nota de Prensa

O BNG DE BURELA CONSIDERA UNHA DESVERGOÑA QUE O PP SUPLANTE AO GOBERNO DE TODOS OS GALEGOS E GALEGAS PARA ANUNCIAR OBRAS XA COMPROMETIDAS POLO GOBERNO ANTERIOR QUE ESTIVERON PARALIZADAS POR FALTA DE XESTIÓN DO GOBERNO ACTUAL

É certo que foi un goberno do PP o que construíu a escola Infantil de Burela. É tamén certo que ao pouco tempo a escola xa tiñas importantes deficiencias de seguridade e de humidade. É tamén certa a irresponsabilidade do SR. Barcia, que como alcalde pretendía que se abrise a ampliación da escola sen preocuparlle se cumpría cunhas mínimas e axeitadas medidas de seguridade.

É tamén certo que o PP nalgúns concellos fixo garderías (nunca escolas infantís) costeando o 100% das obras e asumindo a xestión pública das mesmas, mentres que en Burela subvencionaron tan só unha parte e non quixeron saber nada da xestión.

É verdade tamén que privatizaron a xestión da “gardería” e que pagaban tarde e mal aos encargados da xestión da mesma.

Tamén é real que as familias co PP tiñan que pagar a práctica totalidade do servizo de comedor e transporte.

Ante todos estes despropósitos o BNG dende o goberno da Xunta , creou o Consorcio Galego de Servizos Sociais e mudou as prácticas nefastas do PP asumindo a xestión pública destes centros educativos e tratando a todos os concellos en condicións de igualdade á hora de financiar a construción e xestión destes centros educativos.

No caso concreto de Burela, o goberno anterior mellorou notablemente a Escola Infantil, as súas condicións de seguridade, aumentouse o persoal, os horarios e os servizos complementarios, reducindo considerablemente as aportacións económicas que tiñan que realizar as familias por estes servizos e ao mesmo tempo melloráronse as condicións laborais e económicas do persoal educativo do centro.

Para resolver as deficiencias herdadas do goberno do PP (humidades escandalosas e outras) estaba xa realizado o proxecto de mellora e comprometida a financiación, estando previsto acometer as obras durante o verán pasado para deste xeito non entorpecer o curso.

Coa chegada do Sr. Feijoo ao goberno paralizan e ralentizan as obras,  volven a encargar outro estudio, perdendo tempo e diñeiro, e agora, con varios meses de retraso anuncian a obra con total desvergoña, e non o anuncia o goberno senón o propio PP de Burela. Como podemos observar fano tarde, mal e mentindo coma sempre e o que é peor prexudicando gravemente ás familias usuarias da escola que se verán afectadas como consecuencia da realización das obras en pleno curso escolar.

Non hai  polo tanto nada novo, nada que non estivera previsto. O que hai son  retrasos neglixentes, cinismo e falacias permanentes para ocultar o incumprimento das súas demagóxicas promesas como a falta de investimento para unha nova escola Infantil prometida polo incontinente deputado popular Sr. Balseiro. Unha vez máis demóstrase que a Burela vaille moito peor co goberno do PP na Xunta de Galicia.

Exit mobile version