Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Cervo celebra en Viveiro o seu “Xantar de Nadal”, no Val do Naseiro o día 13 de decembro

Nota de Prensa

O PARTIDO POPULAR DE CERVO PREPARA O SEU TRADICIONAL XANTAR DE NADAL PARA O DÍA 13 DE DECEMBRO

* A cita terá lugar no restaurante O Val do Naseiro a partir das 14.30 horas

* O PP local habilitará  un servizo de transporte por autocar que poden empregar os comensais que adquiriron a súa tarxeta-invitación.

Cervo, 5 de decembro de 2009.- O Partido Popular de Cervo prepara o seu tradicional xantar de Nadal que terá lugar o domingo 13 de decembro no Hotel-Restaurante O Val de Naseiro. Simpatizantes e afiliados aínda están a tempo de adquirir a súa tarxeta invitación chamando aos teléfonos 600 602 911 e 686 64 11 58.

A cita comezará ás 14.30 horas, malia que todos aqueles que queiran poderán facer uso do servizo de servizo de transporte por autocar que, por unha banda, percorrerá as distintas parroquias do rural cervense e, pola outra, sairá da Casa do Mar de San Ciprián. Na sobremesa os comensais gozarán cun baile tras degustar un suculento menú navideño.

Desde a formación popular aproveitan a ocasión para transmitirlle a todos os veciños no seu conxunto un desexo de felicidade para o novo ano que se aveciña e, de xeito especial, para estas datas de Nadal.

Exit mobile version