Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente da Deputación anunciou unha iniciativa para crear un “goberno xuvenil provincial”

LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, anuncio que o organismo provincial estuda a creación dun goberno xuvenil provincial; contará con un Presidente e 24 Deputados que serán elixidos polos alumnos dos colexios que participen nesta iniciativa. Gómez Besteiro indicou que “se trata dunha iniciativa coa que pretendemos que os rapaces se involucren e participen na vida política. Con este proxecto, os mozos, por un lado, coñeceran o traballo da Deputación, e por outro, formularán novas propostas para facer a súa provincia

Nota de Prensa

Gómez Besteiro anuncia a creación do primeiro

Goberno Xuvenil provincial

O  Presidente da Deputación ofrece unha charla sobre a Constitución e

o medio ambiente a máis de 60 alumnos do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, anuncio este luns que o organismo provincial estuda a creación do primeiro Goberno Xuvenil provincial. Gómez Besteiro subliñou que “se trata dunha iniciativa coa que pretendemos que os rapaces se involucren e participen na vida política. Con este proxecto, os mozos, por un lado, coñeceran o traballo da Deputación, e por outro, formularán novas propostas para facer a súa provincia”.

O primerio Goberno Xuvenil provincial contará con un Presidente e 24 Deputados que serán elexidos polos alumnos dos colexios que participen nesta iniciativa. Para iso, nos vindeiros meses a Deputación proporá aos alumnos de todos os centros educativos de Lugo que presenten un proxecto de provincia, é dicir, un traballo no que deberán expoñer as políticas de actuación en cada unha das áreas do organismo provincial.

Os mellores proxectos serán os que finalmente se fagan públicos. Para elo, os colexios deberán nomear a un representante de cada área, (Cooperación cos Concellos, Economía e Facenda, Vías e Obras…), quen defenderá o seu traballo ante os participantes dos outros centros educativos. Finalmente, o expoñente de cada área que logre a maior puntuación será Deputado mentras que o Presidente sairá do colexio que en total sume a puntuación máis alta.

A Constitución e o medio ambiente

Gómez Besteiro fixo este anuncio durante unha charla sobre a Constitución e o medio ambiente que impartíu a máis de 60 alumnos do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria.

Durante o transcurso da conferencia, o titular do organismo provincial explicou a importancia da Carta Magna en materia de defensa de dereitos e liberdade de expresión; a división de poderes, ou a competencia dos Gobernos locais, Comunidades Autónomas, e o Estado, entre outros asuntos.

Neste senso, o máximo mandatario provincial reivindicou o papel da Deputación, e salientou que “é o Concello dos Concellos da provincia, é unha administración que non está por encima dos Gobernos locais senón que está ao seu carón para axudar, apoiar, e defender os traballos de cada municipio. Ningúen mellor co organismo para coordinar e responder ás necesidades dos Concellos porque non hai administración máis próxima aos veciños”.

Exit mobile version