Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente de Portos de Galicia visitou a ampliación do porto de Burela

BURELA .- O porto de Burela recibe ao maior buque mercante que atracou ata o momento nestas instalacións portuarias. O Sunnanhav, que así se chama o buque, ten 5.325 toneladas de rexistro bruto, 113 metros de eslora, 14 de manga e 7,84 metros de calado e cargará estes días unhas 8.000 toneladas de material de caolín.

O feito de que un barco destas características poida atracar neste porto, é un dos obxectivos das obras de ampliación do peirao comercial de Burela, actualmente executadas nun 79 por cento, que foron visitadas hoxe polo presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana. A importancia desta actuación e que permitirá a atracada de buques de ata 8 metros de calado cun rexistro bruto dunhas 5.500 toneladas facilitando novas operacións portuarias e unha maior actividade cara o transporte marítimo.

Con esta actuación conseguirase mais dispoñibilidade de atraque ás embarcacións e unha adecuada superficie de almacenamento. As obras consisten na ampliación do actual peirao de mercadorías, para o que se está a realizar unha prolongación do mesmo en dirección Este, cunha lonxitude de 219 metros e un ancho de 59 metros.

A explanada que resulta destas obras terá uns 14.450 metros cadrados e organizase para dotar á zona comercial dunha ampla zona de operacións, así como para a recolocación dos silos de cemento que é necesario trasladar deixando liberado o espazo que ocupan para o uso pesqueiro. Para facilitar a maniobrabilidade da embarcación mercante que atracará neste porto, está a facerse unha dragaxe fronte ao novo peirao nunha anchura de 200 metros e calado igualmente de 8 metros.

Por outra banda, e como consecuencia da ampliación do peirao, e segundo os estudos efectuados, a oleaxe poda penetrar e producir axitación nos peiraos interiores, proxectase ademais un martelo conformado por un peirao espigón de 50 metros de lonxitude transversal a dita ampliación e que se sitúa ao inicio desta. Este martelo disporá dun atraque interior de 6 metros de calado para uso pesqueiro e dunha escollera de control e defensa exterior.

Esta actuación incluirá tamén a construción dunha nova rampla e explanada na zona interior do porto, entre os estaleiros e os peiraos de descarga xunto á lonxa climatizada. Para realizar a varada embarcacións utilizase un sublift que ten uns requirimentos mínimos xeométricos e que son que se utilizaron para o seu deseño. Finalmente, dado o estado no que se atopan os actuais cantís dos peiraos de atraque do costado Norte serán restituídos, e instalaranse defensas de caucho verticais no muro de atraque da aliñación do peirao que se amplía, e o traslado do peche PBIP adaptado ás novas instalacións.

A esta circunstancia, engádese ademais, que debido ás características do actual peirao comercial, en canto a calado, superficie de almacenamento, e maniobrabilidade, non permite a entrada de buques dun tonelaxe de carga adecuado á demanda das industrias que o utilizan, resultando ser tras as consultas realizadas, o buque mercante de 5.500 TPM o que mellor se adapta a este trafico de mercadorías.

Exit mobile version