Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE acusa á Consellería de Sanidade de xerar o deterioro do Hospital de Costa

NOTA DE PRENSA
REGO ACUSA Á CONSELLERIA DE SANIDADE DE XERAR COS SEUS ANUNCIOS DE DESMENTIDOS UN GRAVÍSIMO DETERIORO DO HOSPITAL DA COSTA

-O deputado socialista acusou a Consellería de terlle “birlado” mais de 1.200.000 euros dos orzamentos do ano 2009 ao centro Hospitalario.

– Denuncia que a estratexia da Consellería de Sanidade sobre a desmotivacion do persoal destes centros, co único fin de promover o seu abandono e centralizar así a asistencia especializada en hospitais centrais de referencia e na propia sanidade privada”

– Advertiu que son os propios profesionais os que denuncian un disparo sen precedentes das listas de espera, ata o punto de establecerse esperas temerarias, que nalgúns casos poderían afectar a patoloxías cancerosas

Santiago , 22 de decembro de 2009. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego interpelou, hoxe no Pleno da Cámara Autonómica, á conselleira de Sanidade sobre as previsións de Sanidade respecto da supresión dos servizos de urxencias dos hospitais de Burela e Monforte.

Na súa intervención o deputado socialista acusou a Consellería de xerar cos seus anuncios de desmentidos un gravísimo deterioro do Hospital da Costa.

Ismael Rego acusou a Consellería de terlle “birlado” mais de 1.200.000 euros dos orzamentos do ano 2009 ao centro Hospitalario. Sinalou que mais de 600.000 euros estaban destinados ao pago a provedores, medicamentos e outros materiais. E outros 600.000 euros para reformas dos servizos de xinecoloxía e rampa de acceso e cuberta entre outros, obras que non se ten iniciado ningunha delas ao remate do ano. Denunciou tamén que en Monforte as únicas obras que se executaron foron realizadas polo anterior Goberno Autonómico “despois de 8 meses do Goberno do PP en Galicia aínda non fixeron nada”.

O deputado socialista dixo que a consellería mentiu, en sede parlamentaria, con descaro sobre a situación do centro hospitalario. Advertiu que son os propios profesionais os que denuncian un disparo sen precedentes das listas de espera, ata o punto de establecerse esperas temerarias, que nalgúns casos poderían afectar a patoloxías cancerosas.

A Conselleira de Sanidade non respondeu

Rego subliñou que a Consellería non respondeu a pregunta realizada sobre a enquisa feita pola xerencia da atención primaria, ao persoal facultativo dos PAC de Burela e Monforte sobre o establecemento dun servizo único de urxencias dos PAC e dos Hospitais de Burela e Monforte.

Afirma que “o único que fixo foi botar balóns fora sobre esta cuestión”. Segundo Rego esta actitude “contribúe a engrosar a nube de incertidume que se cerne sobre a atención especializada nas comarcas de Lugo e Monforte, como consecuencia da estratexia da Consellería que non ten outro obxectivo, que non sexa a desmotivacion do persoal destes centros, co único fin de promover o seu abandono e centralizar así a asistencia especializada en hospitais centrais de referencia e na propia sanidade privada”.

Exit mobile version