Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE denuncia que a Mariña queda esquecida nos orzamentos da Xunta

NOTA DE PRENSA

ISMAEL REGO DENUNCIA QUE A MARIÑA DE LUGO QUEDA TOTALMENTE “ESQUECIDA E ABANDONADA” COA APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS DA XUNTA

-Advirte que o Goberno de Feijoo, recoñeceu coa aprobación destes orzamentos, a súa vontade de non facer a Vía de Alta Capacidade Ferrol – San Cibrao

-O deputado socialista sinala que o PP votou en contra das emendas que apostaban polos investimentos das grandes infraestruturas para Comarca

– Cualificou as contas coma “austeras en ideas e iniciativas e recortando dereitos sociais ás familias e aos galegos e galegas”

Santiago de Compostela , 16 de decembro de 2009. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael denunciou que a mariña de Lugo queda totalmente “esquecida e abandonada” nos orzamentos da Xunta, que foron aprobados hoxe no Pleno dos Orzamentos.

Rego denunciou que o Partido Popular votou en contra, no Pleno dos orzamentos, ás emendas socialistas, retrasando así tódolos proxectos para a zona. Sinala que o PP votou en contra das emendas que apostaban polos investimentos das grandes infraestruturas para Comarca.

O deputado socialista advirte que as iniciativas presentadas polo Grupo Parlamentario Socialista relacionadas coa ampliación do Hospital da Costa, o Corredor San Cibrao-Ferrol ou fondos para proxectos en materia de abastecementos e saneamentos non contan con ningunha partida orzamentaria. Aludiu tamén a proxectos importantes en materia de súelo industrial, donde dixo que “non se contempla ningunha actuación en materia de accesibilidade interior da zona”. E destacou o rexeitamento da emenda para a mellora e a ampliación da estrada entre A Pontenova e Riotorto e Lindin coa Cruz da Cancela, e que serviría ademais de enlace da Estrada Nacional Vegadeo-Lugo coa A-8..

Ismael Rego dixo que “o Partido de Balseiro cancela os investimentos para a zona e o único que fai é enviar unha mensaxe de desanimo aos axentes privados e económicos”. Ademais di que o Goberno de Feijoo “esquece a Mariña de Lugo” e insistiu que para o anterior executivo autonómico A Mariña era unha zona estratéxica “e agora pasa para o vagón de cola”, e sentenciou “estas son as verdadeiras políticas do Goberno do Partido Popular na Comarca”, relatou.

O deputado socialista negou a “pretendida austeridade” da Xunta e dixo que “só son austeros en ideas e iniciativas e recortando dereitos sociais ás familias e aos galegos e galegas”. Ese é o motivo de que eliminaran o complemento ás Pensións Non Contributivas, así como a gratuidade dos libros de texto e ás axudas ao desemprego previndo un incremento da taxa de paro ata o 15 por cento”.

Reequilibrio Territorial

Lembrou ademais que as emendas socialistas rechazadas en sede parlamentaria estaban dirixidas a garantir o reequilibrio territorial, incluíndo unha partida orzamentaria para os plan Impulsa Lugo que “no ten nada, e carece de partidas orzamentarias”.

Mais polo miúdo referiuse a VAC e denunciou que o Goberno de Feijoo recoñeceu coa aprobación destes orzamentos, a súa vontade de non facer a Vía de Alta Capacidade Ferrol – San Cibrao”. Di que esta infraestrutura nunca lles interesou e non a quixeron facer en dúas décadas. E insistiu nas súas criticas “o Conselleiro de Infraestruturas “vai bater tódolos récords de paralizacións e retrasos nas infraestruturas e vías de comunicación”.

Exit mobile version