Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE está satisfeito polo aumento das cotas pesqueiras da UE para a flota galega

NOTA DE PRENSA:
OS SOCIALISTAS GALEGOS AMOSAN A SÚA SATISFACION POLOS RESULTADOS OBTIDOS NO AUMENTO DE COTAS PESQUEIRAS PARA A FLOTA GALEGA, DA UNIÓN EUROPEA

-A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira reclama comparar estes datos cos obtidos pola da Xunta de Galicia en Europa sobre a introdución do cambio de método no análises e detección das biotoxinas

-Denuncia que o Presidente da Xunta de Galicia, na última asistencia á Conferencia de Presidentes, amosou a súa predilección por defender os intereses do Partido Popular e as súas estratexias político-partidarias, que os intereses pesqueiros de Galicia

Santiago, 16 de decembro de 09. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, amosou hoxe a súa satisfacción tras coñecer os resultados obtidos cas cotas pesqueiras da Unión Europea para a flota galega. Os porcentaxes son; Anchoa Golfo Viz 6.300 (teórica)Anchoa Golfo Viz 5.400 (pactada con Francia) Anchoa Golfo Cádiz 3.826. Bacallau Augas NAFO 787 novo recurso. Pescada Cantábrico 5.952 +15%. Pescada Golfo Viz 9.109 7%. Pescada Atl N 6.341 7%.

Sinala que as cifras demostran que hoxe a única administración que obtén resultados positivos para os intereses pesqueiros galegos é a administración do Estado. Reclama comparar estes datos cos “aliados” da Xunta de Galicia en Europa que votaron todos en contra da proposta defendida pola Conselleira do Mar sobre a introdución do cambio de método no análises e detección das biotoxinas.

A deputada socialista subliña que “felicitámonos, sobre todo, porque as políticas de conservación empezan a dar froitos e permítenos aumentar as nosas cotas en especies de moito interese comercial para nos, ou volver a caladoiros fai anos abandonados pola nosa flota”, relata.

Soneira afirma que a valoración do Grupo Parlamentario Socialista non pode ser mais que positiva e mostra o camiño polo que debéramos transitar todos. Denuncia tamén que a administración de Galicia que, na última visita á Conferencia de Presidentes, amosou a súa predilección por defender os intereses do Partido Popular e as súas estratexias político-partidarias, que os intereses de Galicia.

Exit mobile version