Site icon Crónica3.com A Mariña

O Valadouro celebra o Nadal con teatro

Comeza a programación de Nadal do concello de O Valadouro co programa BUXIGANGA da Deputación Provincial de Lugo para achegarnos ao mundo do teatro afecionado a todos os concellos da provincia de Lugo. A primeira obra será Hamlet, interpretada pola Asociación Sociocultural FALCATRUEIRO de Monterroso. Ao día seguinte o grupo Achádego de Lugo poñerá en escena “O divino Sainete” de Curros Enriquez.

Exit mobile version