Site icon Crónica3.com A Mariña

O venres remata o prazo para a inscrición no Maratón Fotográfico do comercio de Burela

BURELA (FNC) .- O vindeiro venres 18 de decembro remata o prazo de inscrición para participar no maratón fotográfico que organizou a Delegación de Comercio de Burela. Os interesados aínda están a tempo de anotárense no Concello ou na Axencia de Desenvolvemento Local.

Os participantes fotografarán os escaparates decorados para o Nadal que máis lles gusten e un xurado formado por persoas especialistas na materia escollerá a fotografía gañadora nun acto que se desenvolverá o 15 de xaneiro de 2010. O autor da imaxe seleccionada recibirá 1.000 euros e o comercio que presente o mellor escaparate resultará agraciado cun premio de 500 euros.

O maratón fotográfico forma parte da campaña de Nadal que organizou a Delegación de Comercio de Burela para fomentar as compras destas datas no comercio tradicional da vila. Hai uns días o edil José González Legazpi aseguraba que “supón unha forte aposta económica por parte da Delegación de Comercio e agardamos que traia a Burela movemento positivo e frutífero no senso socioeconómico e que supoña un impulso importante para un sector dinámico e necesario como é o comercio local do concello de Burela”.

Exit mobile version