Site icon Crónica3.com A Mariña

Os proxectos de conservación integral da rede viaria provincial para o 2010 non se presentaron, asegura o PP

Nota de Prensa

O GPPP advierte de que os proxectos de conservación integral da rede viaria provincial para o 2010 aínda non se presentaron

Lugo, a 14 de decembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular advierte de que a Deputación aínda non presentou os proxectos de conservación integral da rede viaria para o vindeiro ano e lembra que o vindeiro mes de marzo rematarán os contratos que actualmente están en vigor.

Dende o GPPP suliña que a estas alturas do ano estes proxectos de conservación das estradas provinciais deberían estar rematados e iniciados os trámites precisos para a súa adxudicación polo que este asunto está a acumular un retraso importante.

O GPPP tamén se fai eco das críticas recibidas por moitos dos rexidores e voceiros municipales do Partido Popular nas que se queixan do deficiente mantemento que a Deputación está a realizar das estradas da súa competencia nos seus respectivos concellos.

Dende o GPPP, por estes motivos, instan ó responsable de Vías e Obras, Manuel Martínez, a que axilice o funcionamento do seu departamento para que os rigores de inverno non contribúan a deteriorar aínda máis o estado no que se atopan as estradas da provincia.

Exit mobile version