Site icon Crónica3.com A Mariña

“Que o PP volva ao consenso no tema da vía de alta capacidade”, pide o BNG de A Mariña

NOTA DE PRENSA

O BNG esíxelle ao PP que volva ao consenso no tema da VAC

Veiga chama a participar na reunión de electos de San Sadurniño.

O Delegado Provincial de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo e Portavoz do BNG en Barreiros confirmou hoxe a asistencia a asemblea de alcaldes e concelleiros da Mariña, Ferrolterra e Ortegal convocada polo alcalde San Sadurniño para o Venres 11 de Decembro na Casa Consistorial do Concello onde se analizará a situación que se cría no norte galego co anuncio da Xunta de retrasar o remate da obra ate 2017.

O Portavoz Comarcal do BNG anunciou que a xuntanza de San Sadurniño é unha convocatoria aberta a todos os Alcaldes e Concelleiros dos territorios polos que discorre a VAC Barreiros-Ferrol co obxectivo de definir unha liña de actuación común que obrigue ao Goberno do Estado e a Xunta de Galiza a rectificar a súa planificación viaria para o norte galego. Veiga recalcou que a xuntanza de San Sadurniño “é unha grande oportunidade para poñernos de acordo, poñendo aos nosos veciños por diante do interese partidista, e sobre todo é unha grande oportunidade para darlle solución a un problema que lastramos desde 2001”.

Veiga recordou que “foi precisamente a mobilización social e a forza da unión dos alcaldes e dos concelleiros de Ferrolterra o que posibilitou erguer aquel grande movemento social que no momento no que o PP acordou o trazado interior da Transcantábrica, lle obrigou posteriormente a aprobar a execución deste vial”. É o momento de recuperar aquel espírito unitario para que esta obra sexa unha realidade”

O Delegado de Cultura da Deputación afirmou que “este non é un momento nin para a lea nin para o conflicto, este un momento para que os veciños da Mariña, de Ortegal e Ferrolterra falen cunha soa voz, para esixirlle á Xunta e o Estado que esta obra este funcionando no horizonte de 2013”. Neste sentido animou a ao conxunto dos cargos electos da Mariña a acudir a xuntanza convocada polo Alcalde de San Sadurniño.

Veiga considerou decepcionastes as declaracións do Conselleiro a diferentes medios de comunicación onde afirmaba que se ían proceder a execución das obras no tramo da VAC San Cibrao-Xove. “O anuncio de Hernández non ten nada de novo, posto que este ano comezarían as obras xa era coñecido por todos, mesmamente procedeuse a esta execución porque nos Orzamentos da Xunta de 2009 xa se recollían fondos suficientes para o mesmo. Non imos permitir que se nos venda gato por peixe e o Sr. Fernández o que ten é primeiramente que explicar por que non se manteñen nos Orzamentos deste ano a consignación de 2009, en segundo lugar por que é esta obra a que máis recortes sufre dentro das previstas con respecto o ano pasado e xa por último ten que cumprir co cronograma previsto nos ornamentos de 2009”

O Portavoz nacionalista recalcou que este mes vai ser determinante para o futuro da VAC posto que vai ser obxecto de debate tanto no Congreso como no Parlamento Galego e polo tanto é necesario que nunha ou noutra institución os lexisladores sexan coñecedores da posición unánime das comarcas do norte galego sobre a importancia desta obra. “Balseiro ten que volver ao consenso, posto que non é de recibo que pola súa banda se promova nas Corporacións da Mariña posicións diferentes a adoptada por exemplo na deputación de Lugo, entre outros co voto a favor do Presidente provincial do PP. Non é momento de dúbidas, de confusión, de manobras tácticas ou de estreitez de miras. É o momento de que A Mariña fale claro, cunha voz só, posto que se esta xogando o seu futuro” recalcou Veiga.

O Portavoz Nacionalista de Barreiros esixiu que o Estado e a Xunta se senten para concretar prazos e investimentos que garantan o remate na obra no horizonte de 2013. “Está en xogo o futuro do norte galego, non actuar con urxencia nesta cuestión, significa aumentar o atraso comparativo dos nosos territorios coa Galiza atlántica. Nos non nos resignamos fronte a un deseño que nos marxina, polo que dunha maneira ou doutra o Goberno e a Xunta teñen que mover ficha para resolver esta situación”, recalcou Veiga.

Xa por último os nacionalistas consideraron que non van consentir de ninguén leccións sobre a posición mantida polo BNG en relación coa apertura ao tráfico comercial do porto de Alcoa, cando foi o BNG quen promoveu o acordo parlamentario que posiblitou que o Congreso acordase instar ao Goberno a apertura do mesmo. O PP debe deixarse de facer política con cousas como esta e se quere tirar do carro para efectivizar o acordo. Non imos facer historia porque senón resulta que ao mellor descubrimos quen gobernou no estado durante oito anos, pero non estaría de máis que os Deputados e Senadores populares do PP en Madrid non deixasen só en maos do BNG esta cuestión.

Exit mobile version