Site icon Crónica3.com A Mariña

Ramón Fernández presidirá a xunta xestora do Partido Popular en Foz

NOTA DE PRENSA

Ramón Fernández presidirá a xunta xestora do Partido Popular en Foz

Foz, a 15 de decembro de 2009.- Ramón Fernández Fernández presidirá a xunta xestora do Partido Popular de Foz que foi nomeada onte polo comité executivo provincial.

A xestora, integrada por 25 persoas e entre as que se atopan os concelleiros que integran o grupo municipal popular, asumirá a dirección da agrupación do Partido Popular de Foz temporalmente ata que non sexa convocado o congreso local no que se elixirá a nova executiva.

O cometido da xunta xestora, como o de toda a militancia do Partido Popular neste municipio, é traballar para acadar a Alcaldía nos vindeiros comicios electorais. Os populares de Foz consideran que este obxectivo é posible cumplilo dado o desgoberno e a falta de iniciativa que día a día está a amosar o goberno local.

Xunta xestora do Partido Popular de Foz

(25 persoas)

Os catro concelleiros, Pedro José Fernández, José Luis Sánchez, José María Basanta e Verísima Eiroá,

Xunto con Ramón Fernández, Juan Carlos Paeo, José Saa, Angel Cao, Mayte Rego, Lidia Rodríguez, Eliseo Fernández, Cristina Fraga, José Blanco, José Rodríguez, Antonio García, José Manuel Martínez, Rebeca Neira, José Pérez, José Soto, María Dolores Fernández, Normando Leivas, Martín Couto, José Rodríguez, Ramón Martínez e Pablo Fernández.

Exit mobile version