Site icon Crónica3.com A Mariña

Recoñece o PP de Burela que o alcalde non quere diálogo co PP “porque non sabe dialogar”

NOTA DE PRENSA

Os populares lamentan a falla de compromiso do alcalde para conter o gasto no concello.
O GMPP advirte que o retraso nos pagos pode seguir producíndose.
Aseguran que o alcalde non quere diálogo co PP “porque non sabe dialogar”.

O GMPP de Burela manifestou hoxe a través dunha nota de prensa a súa decepción polo comportamento do alcalde no pleno de onte, mércores, xa que non quixo comprometerse a facer un plan para controlar o gasto dos cartos do concello, que en definitiva son cartos de todos os bureleses. O alcalde non usou ningún argumento para revatir a petición do PP e só se limitou a decir que se tentaba pagar o máis rápido posible, en alusión á petición do PP, incluida na mesma moción ca petición anterior, de que o concello se poña como obxectivo non demorar en máis de catro meses o pago das facturas e obrigas contraidas por subministros ou obras.
Para o PP, non hai compromiso do alcalde nin para controlar o gasto nin para evitar retrasos nos pagos ás empresas. Decir, como dixo, que o PP só busca sair na foto é a demostración de que este alcalde “non nos serve ós cidadáns de Burela, porque non nos garante como se gastan os cartos que todos pagamos ó concello a través dos impostos”.
O PP lembra que socialistas e nacionalistas son “manirrotos, e despilfarradores, pero sempre e en todo caso cos cartos de todos”.
O que pedía o PP era mui sinxelo: control do gasto corrente e reducción do capítulo de gastos diversos, para ter máis cartos para servicios sociais e para investimentos. O PP lembra que gracias ó Plan E se farán obras, porque con fondos propios é imposible, a día de hoxe, acometer ningún tipo de obra. E o capítulo de gastos diversos é unha bolsa de despilfarro e derroche partidista, porque a día de hoxe, coa crise que estamos a vivir, que se sigan levando a cabo actuacións de autobombo e propaganda partidista só pode calificarse de impresentable.
No que se refire a evitar retrasos nos pagos, o PP tén que decir que a algunha empresa de Burela o concello débelle arredor dos vintecinco mil euros, o que pode poñer en serios problemas e estas empresas. Máis grave se cabe é que se deban practicamente dez meses a empresas vencelladas coa recollida de lixo, porque eses cartos xa teñen salido dos bolsillos de todos os cidadáns, e non sabemos onde están, nin que se fixo con eles. Resulta realmente triste que o alcalde non asuma alomenos como obxectivo fixar en catro meses o prazo máximo de abono de facturas.
O PP tiña presentada outra moción, que foi rexeitada tamén polo bipartito. Esta referida á fixación por consenso das obras a incluir no Plan E. O alcalde escudouse na comisión informativa celebrada o pasado luns, día 21, na que explicou os proxectos que tiña o bipartito. Pero non foi capaz de xustificar por que non contestara ó escrito presentado polo PP no seu día solicitando a reunión da Xunta de Portavoces para tratar das obras do Plan E. Os populares lembraron que no que vai de mandato municipal só se reunión a xunta de portavoces en dúas ocasións, e tampouco desta vez se vai reunir.
Por eso, desde o PP ven ó alcalde como unha persoa que non quere dialogar, pero polo motivo exclusivo de que non sabe dialogar, non ten mecanismos para chegar a acordos, e polo tanto nada se pode esperar dunha persoa que actúa deste xeito, negándolle a opinión ó grupo maioritario da corporación que é o partido máis votado.

Exit mobile version