Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo reparte árbores de Nadal aos comercios

O Concello de Ribadeo reparte esta semana árbores de Nadal entre os locais comerciais “que desexen adornar as súas instalacións nestas datas”, segundo explica o alcalde, Fernando Suárez. Os interesados en recibir esas árbores naturais de xeito totalmente gratuito só teñen que poñerse en contacto coa Oficina de Turismo no teléfono 982 129 689, antes do venres 18 de decembro.

Exit mobile version