Site icon Crónica3.com A Mariña

Suspenden as clases na Escola de Música de Ribadeo por mor do mal tempo

Seguindo as instruccións da Consellería de Educación, o Concello de Ribadeo suspende as clases na Escola de Música durante a xornada de mañá, mércores 16 de decembro, segundo ven de anunciar a concelleira de Educación e Cultura, Mariluz Álvarez Lastra. Educación decidiu suspender as clases en todos os centros educativos galegos, durante o día de mañá, como medida de precaución polo mal tempo.

Exit mobile version