Site icon Crónica3.com A Mariña

Un combinado de xogadoras de baloncesto da Mariña enfrontouse á selección galega infantil feminina

SAN CIBRAO .- A selección galega de baloncesto en categoría infantil feminina e un combinado de xogadoras da comarca da Mariña procedentes das escolas de Burela, Foz e San Ciprián disputaron un encontro como parte do programa de preparación do combinado galego que se prepara para participar no campionato de España de seleccións que terá lugar do 4 ao 10 de Xaneiro en Zaragoza.

Nota de Prensa

O partido forma parte do programa de adestramentos que está a desenvolver o seleccionado galego durante este fin de semana en Cervo
O PAVILLÓN DA VEIGA ACOLLEU UN ENCONTRO ENTRE A SELECCIÓN GALEGA INFANTIL FEMININA DE BALONCESTO E UN COMBINADO DA MARIÑA

Cervo, 27 de decembro de 2009.- Onte tivo lugar o encontro entre a selección galega de baloncesto en categoría infantil feminina e un combinado de xogadoras da comarca da Mariña procedentes das escolas de Burela, Foz e San Ciprián. O partido forma parte do programa de preparación do combinado galego na súa concentración no Concello de Cervo para preparar a súa participación no vindeiro campionato de España de seleccións que terá lugar do 4 ao 10 de Xaneiro en Zaragoza.
As seleccionadas galegas están dende o sábado en Cervo e rematarán a súa concentración o lunss día 28. Esta concentración enmarcase nun Proxecto da Delegación Lucense de Baloncesto para concentrar na provincia tódalas Seleccións Galegas. Neste caso é posible facela en San Ciprián gracias á gran colaboración por parte do Concello de Cervo que desde un primeiro momento se mostrou interesado na iniciativa.
En concreto esta concentración é a novena das Seleccións Galegas e a última previa ó Campionato de España. No día de onte o equipo que dirixe Armando Otero estivo a realizar sesións de adestramento en horario de mañá e tarde. O partido de hoxe serviralles de adestramento para ultimar a preparación do Campionato de España. Así mesmo, aproveitando a ocasión, tralo partido está previsto que teña lugar un adestramento aberto dirixido polos técnicos da Selección para os xogadores e xogadoras das Escolas Municipais de San Ciprián e outras zonas da Mariña. Tamén poderán acudir adestradores e monitores que desexen compartir impresións cos Seleccionadores alí presentes.
A selección galega infantil de baloncesto feminino finalizará a súa estadía mañá pola mañá, despois dunha última sesión de adestramento no pavillón da Veiga.

Exit mobile version