Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de concellos da Reserva da Biosfera busca diversificar as posibilidades de inversión no territorio

RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, fixo unha valoración positiva do encontro que mantivo esta mañá en Madrid a xunta directiva da Asociación de Concellos da Reserva da Biosfera co director general de Desarrollo Sostenible del Medio Rural, Jesús Casas.

O rexedor ribadense explicou que “dame unha boa impresión de cara non só a aplicar a partida presupostaria contemplada para esta anualidade no ministerio de 2 millóns de euros para os 14 concellos que formamos parte desta asociación, senón porque esta idea queremos ampriala a unha especie de convenio marco que dure máis anos, co cual sería unha inversión que ao longo de catro ou cinco anos podería supoñer para os concellos que formamos esta asociación como un pequeno Leader”.

Suárez Barcia considera que “sería moi importante para aplicar en diferentes materias, ainda que tiñamos e temos a idea da implementación da banda ancha a todos os nosos territorios, quedaron outras posibilidades abertas noutro tipo de cuestións como melloras do impacto paisaxístico, de contribuir a subvencionar determinadas a actuacións para evitar o feísmo urbanístico, a imaxe e semellanza de cómo fixemos desde os Concellos de Ribadeo e Castropol no noso Leader anterior e en colaboración co Leader Oscos-Eo fixéramos avances nese sentido”.

Fernando Suárez sinalou que “tamén quedan abertas actuacións no marco social e da lei de dependencia e tamén a nivel medio ambiental. A idea é diversificar as posibilidades de inversión no noso territorio e o concello de Ribadeo aporta 10.000 habitantes a esta asociación. O proceso vai ser positivo, rápido e as datas que se barallan son que aló polo mes de febreiro poidamos asinar entre a asociación e o ministerio ese convenio marco e despois un convenio específico para a anualidade do 2010. Penso que é unha boa noticia sobre todo para o medio rural dos nosos concellos, Ribadeo ainda que ten unha parte moito máis urbana que o resto dos concellos tamén ten unha parte moi importante no medio rural, son 4.000 as persoas que viven nas nosas parroquias da zona rural e é a onde debe ir destinada esta actuación”.

Exit mobile version