Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación veciñal Santo Estebo de Valcarría programa actividades socioculturais

VIVEIRO .- Os musicólogos galegos Xosé Luís Rivas, Mini, e Baldomero Iglesias, Mero, deleitaron aos asistentes a sesión de musica popular galega que organizou o domingo a asociación veciñal Santo Estebo de Valcarría

Nota de Prensa

Mini e Mero en Valcarria

O domingo pasado tivo lugar no Centro Sociocultural de Valcarria outra das actividades da programación de inverno da Asociación Veciñal Santo Estebo de Valcarría.
Os musicólogos galegos Xosé Luís Rivas ( Mini ) e Baldomero Iglesias ( Mero ) ofreceron unha interesante sesión sobre a música popular galega. Foron moitas as pezas que interpretaron e moita tamén a veciñanza que se achegou até o Centro Sociocultural de Valcarría.
Recentemente, e dentro desta mesma programación, o actor galego Avelino González actuou tamén para os veciños da parroquia.
A Asociación ten programadas máis actividades para os vindeiros meses.

Exit mobile version