Site icon Crónica3.com A Mariña

A concelleira de asuntos sociais de Cervo lémbralle ao BNG que as actividades dos centros sociais fanse segundo as peticións dos veciños

NOTA DEPRENSA:
A concellería de Asuntos Sociais pídelle ao voceiro do BNG “que se informe” antes de facer críticas á labor do Goberno local

ARMADA LÉMBRALLE A ESTUA QUE AS ACTIVIDADES DOS CENTROS SOCIAIS FANSE EN BASE ÁS PETICIÓNS DOS VECIÑOS

Cervo, 23 de xaneiro de 2010.- A concelleira de Asuntos Sociais do Concello de Cervo, Pilar Armada, pediulle a Xoán Antón Estúa, voceiro nacionalista na corporación, “que se informe” antes de criticar a programación feita polo grupo de Goberno local nos distintos centros sociais do termo municipal.

Armada lembrou a este respecto que ela mesma se reuniu hai poucas semanas cos veciños das distintas parroquias do concello para configurar o programa de actividades dos centros sociais. “Parece que este señor -dixo Armada refirindose ao voceiro do BNG de Cervo- non se entera, ou non se quere enterarse de que a programación dos centros sociais leva anos elaborándose única e exclusivamente en base ás propostas dos veciños segundo ás súas preferencias e inquietudes. Pero claro, coma no seu partido están afeitos a misturar constantemente as actividades sociais coa política é ata normal que non chegue a comprender a nosa forma de traballar” asegurou a responsable en materia de Asuntos Sociais de Cervo.

Neste senso Pilar Armada adiantou tamén que o Concello ten previsto organizar dúas excursións nos vindeiros meses para asistir á Semana Verde de Silleda e a Santiago de Compostela, coincidindo coa celebración do Xacobeo. “E xa lle adianto a este señor que en ámbolos dous casos se trata de actividades propostas polos propios veciños, e a diferencia do que fai o Bloque cando organiza viaxes, ningunha destas excursións son para asistir a actos ou manifestacións de carácter político”

Exit mobile version