Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación asume o control de 57 telecentros existentes en 42 concellos

LUGO .- A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres os expedentes de contratación do servizo de asistencia técnica e mantemento dos telecentros dependentes da Deputación por un importe de 88.104 euros. O organismo provincial decidiu manter o servizo de telecentros rurais logo de que rematase o convenio asinado en 2008 coa empresa pública Red.es. A través deste convenio os Concellos incluídos no proxecto aportaban os locais para os telecentros e a Deputación financiaba o 50% dos gastos de equipamento, mantemento, conectividade, encargándose Red,es de sufragar a parte restante.

Con novo sistema, conséguese reducir o custe do mantemento deste servizo nun 59%. É dicir, o investimento que realizaba o organismo provincial segundo o convenio era de 150.596 euros e agora de 88.000 euros. O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, subliñou que “esta é unha forma de Cooperación cos Concellos e sen ningunha limitación na cor política, xa que a institución provincial asume o custe deste servizo e o mantemento, algo ó que non estaba obrigada, unha vez finalizado o devandito convenio”.

A análise das cifras de uso dos centros realizada pola institución provincial denotou que nalgúns casos o índice de utilización dalgúns era moi baixo ou inexistente, “polo que nos vimos na obriga de pechar algúns, xa que isto podía ser un un gasto destes recursos”. Neste senso, Gato Soengas puntualizou que se decidiu darlle un xiro a este sistema asumindo o control dos restantes, e facendo un uso racional dos mesmos.

Un dos eixos de actuación da Deputación é a implantación das novas tecnoloxías na provincia que se efectiva en 2010 co programa europeo Innova-TE, polo que co mantemento dos telecentros constribuirase tamén a achegar a Internet e as novas tecnoloxías á zona rural e reducir a fenda dixial que existe entre as cidades e os núcleos rurais.

Para isto leváronse a cabo varias reunións e conversas cos Alcaldes dos Concellos nos que existen estos locais. Deste xeito, o organismo provincial pretende cubrir a demanda existente de acceso a servizos de banda ancha en 42 Concellos da provincia renovando e ampliando o equipamento dos 57 telecentros xa existentes: Abadín (4), Alfoz, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Barreiros, Begonte, Bóveda, Carballedo, Castroverde, Cervantes, Cospeito, Folgoso do Courel, Foz (3), Friol, Guitiriz (6), Láncara (2), Lugo, Muras, Negueira de Muñiz, O Corgo, O Incio, O Saviñao, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Palas de Rei, Pantón, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, Pobra de Brollón, Pol (2), Quiroga, Rábade, Ribas de Sil, Riotorto, Sober, Taboada, Triacastela, Viveiro (3) e Xermade (2).

A contratación de novos servizos de auditoría, consultoría e mantemento, permitirá obter unha diagnose de cada un dos telecentros, atendendo ás seguintes actuacións: inventario do equipamento existente, características do mesmo e estado; estudo das posibles avarías ou equipamento en mal estado; auditoría do servizo de acceso a internet contratado; control de acceso dos usuarios aos equipos e á conexión a internet; e situación da seguridade física e eléctrica das instalacións e sistemas (instalación eléctrica, instalación de la red local, medidas para el control de acceso a las instalacións e horarios de funcionamento).

Unha vez rematadas estas tarefas, entregarase unha memoria que recollerá de xeito detallado o estado actual dos sistemas de información dos telecentros, o que lle permitirá ó organismo provincial obter as claves para mellorar as prestacións e a conexión á internet dos usuarios.

Outros acordos da Xunta de Goberno

Tamén se aprobaron 4 actuacións máis do canon hidroelétrico das anualidades 200-2009 por valor de 466.790 euros. Corresponden á redacción do proxecto e adxudicación provisional da iluminación do paseo fluvial do río Cabe, en Monforte de Lemos; a pavimentación da rúa Benigno Quiroga, en Portomarín; a renovación da traída de auga na rúa Chao Falcón, en Pantón; e a axdudicación provisional do acondicionamento e mellora de accesos no termo municipal de Pobra de Brollón.

Gato Soengas lembrou que a semana pasada o Presidente da Deputación pechou o Plan de Obras co Alcalde de Paradela. “É unha práctica que se está a seguir con todos os Concellos e que está a dar resultados bos, xa que os acordos prodúcense por unanimidade”.

O canon tivo ó equipo de goberno ocupado durante todo o ano 2009. “Foi un interesante traballo do organismo provincial para conseguir, en primeiro lugar os acordos e, e en segundo, para ir executando as obras que están presididas polo consenso e o entendemento entre a Deputaicón e os Alcaldes. Habería que preguntar por este traballo que desenvolvemos ó señor Barcia e ó señor Barreiro cando din que non se fai nada na Deputación”.

Exit mobile version