Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación aumenta máis dun 20 por cen o presuposto do parque móbil para ampliar servizos ós concellos

LUGO .- A Deputación incrementa en máis dun 20% con respecto o ano pasado o presuposto adicado ó Parque Móbil para 2010 co obxectivo de ampliar os servizos ós Concellos. Deste xeito, o orzamento increméntase uns 600.000 euros, e chega ata ós 3.200.000.

O organismo provincial pon a disposición dos Concellos as máquinas deste departamento para o arranxo das estradas municipais. Trátase dunha iniciativa coa que a Deputación aforra cartos ós Concellos, xa que asume os custes que suporían a contratación deste servizo, e que se enmarca dentro da aposta do organismo provincial pola cooperación máxima cos 67 Concellos da provincia.

Precisamente, este mércores a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, supervisou os traballos que se están a realizar nas vías municipais do Concello de Cervo coas máquinas do Parque Móbil. As actuacións, que comezaban esta mañá e que se prolongarán durante un mes, consisten na limpeza e mantemento das estradas que o requiran. Para elo, o organismo provincial desprazou un equipo composto por 1 motoniveladora, 1 retropala, e 1 camión vasculante.

Da mesma forma, a Deputación conta con outro operativo das mesmas características que tamén se atopa traballando na Mariña, concretamente no Concello de Viveiro.

Dende 2007, a institución provincial triplicou o orzamento do Parque Móbil para adquirir maquinaria que realice traballos de nivelación, refino, apertura e limpeza de cunetas, cortes de ribazos, mantemento de pistas, limpeza de depósitos de cascallos e bordes de terrapléns, nas estradas de titularidade municipal.

Exit mobile version