Site icon Crónica3.com A Mariña

A deputación mellorará o sistema de control das incidencias por efectos do temporal

LUGO .- O responsable de Infraestruturas da deputación reuniuse coas empresas da conservación da rede viaria e explicoulles as novas liñas de traballo que permitirán mellorar a capacidade de resposta ante as emerxencias.

Nota de Prensa

A Deputación mellora o sistema de control das incidencias por efectos do temporal

– O Deputado de Infraestruturas reuniuse coas empresas da Conservación e explicoulles as novas liñas de traballo que permitirán mellorar a capacidade de resposta ante as emerxencias

– Baixo a supervisión do equipo de Vías e Obas, as empresas terán que emitir un parte diario, especificando o dispositivo empregado

O Deputado de Infraestruturas, Manuel Martínez, mantivo este venres unha xuntanza cos representantes das empresas ás que a Deputación ten axudicada a Conservación Integral da rede viaria provincial. No encontro, no que participaron unhas 20 persoas, Manuel Martínez explicou o novo sistema de control que vai poñer en marcha o departamento que dirixe, e que permitirá mellorar a capacidade de resposta ante as emerxencias.

Esta medida consiste en que a partir de agora, as empresas concesionarias terán que emitir ó servizo de Vías e Obras un parte diario, especificando non só a incidencia rexistrada, senón o dispositivo empregado. É dicir, número de vehículos, operarios, toneladas de sal repartidas, etc. Deste xeito, o departamento contará cunha persoa que será a encargada de controlar que as empresas cumpran o acordo establecido. Con este sistema, a atención das incidencias será moito máis rápida, o que contribuirá a que a seguridade dos cidadáns sexa maior.

O responsable de Infraestruturas matizou que “o traballo levado a cabo ante os temporais de neve, vento e auga das últimas semana foi positivo. Con todo, non nos conformamos e queremos matizar cousas para chegar ó máximo control das actuacións destas concesións. Entre as novidades que incluímos no servizo é que as empresas van ter que emitir un parte diario no que se faga constar as actuacións realizadas para evitar as molestias ós cidadáns, garantíndolles a súa seguridade”.

O Deputado provincial salientou que se seguirá colaborando cos Concellos para que a circulación durante o inverno polas vías provinciais sexa o máis segura posible, ó tempo que aproveitou a ocasión para pedirlles ás empresas “un maior esforzo  e unha maior esixencia de resposta ante os temporais que poidan xurdir ó longo destes meses”.

Exit mobile version