Site icon Crónica3.com A Mariña

A redactora do plan xeral de urbanismo de Burela remitiralle o avance á Xunta

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela mantivo esta mañá en Lugo un encontro cos técnicos de OTEA que xa teñen listo o avance do plan xeral que en breve lle remitirán á Xunta de Galicia para que o informe. Alfredo Llano anuncia un novo encontro en Burela cos concelleiros, técnicos e representantes veciñais para principios de febreiro.

O rexedor explicou que “estivemos vendo o avance do plan xeral de Burela e está listo para ser informado. Desprazéime a Lugo para ver si era posible analizar a influencia que terá nese documento o plan de ordenación do litoral, e como aínda está sen desenvolver ao 100% tivemos en conta ata onde podíamos chegar para gañar o máximo posible de edificabilidade no noso concello”.

Llano engadiu que “tamén vimos que está contemplado neste avance o acceso ao porto co proxecto que se estima será o definitivo. Considero polo tanto que na segunda ou terceira semana de febreiro faremos unha nova xuntanza cos concelleiros, asociacións de veciños e técnicos de Concello para ver si estamos na súa maioría de acordo co que nos expoñerán e despois mandar ese documento  á Xunta para ser informado. Unha vez alí tardarán entre 6 e 7 meses en remitírnolo e despois realizaremos xuntanzas informativas cos veciños polos barrios para que presenten as alegacións que consideran oportunas”.

O alcalde de Burela considera que “o importante é que todo o mundo saiba como se está a desenvolver este plan xeral”

Exit mobile version